ALERTA HUMANITARIA EN SIRIA
Dende o 2011 máis de 13 millóns de persoas en Siria atópanse en situacións de extrema vulnerabilidade, precisando axuda humanitaria urxente.
Entre decembro de 2019 e marzo de 2020, os gobernos sirio e ruso protagonizaron novos ataques ás zonas de Siria controladas pola oposición. As zonas afectadas pola ofensiva siria e rusa foron a gobernación de Idlib e o oeste da gobernación de Alepo, últimos reductos dos grupos armados rebeldes.
As devastadoras consecuencias destes ataques tradúcense en milleiros de mortes e ata tres millóns de persoas atrapadas no medio dos bombardeos sen ningún lugar seguro ao que dirixirse. Tan só na provincia de Idlib, medio millón de persoas tivo que abandonar os seus fogares, sendo a maioría nenos, nenas e mulleres. Ante a falta de recursos e infraestrutura onde poder subsistir, moitas persoas víronse obrigadas a refuxiarse en edificions a medio construír, soportando temperaturas extremas e sen ter garantido o acceso á auga.
Dende Amnistía Internacional decidimos levar a cabo unha exhaustiva análise do impacto desta última ofensiva militar, datada entre xaneiro e abril do 2020. Para o estudo, contamos cunha mostra de 74 persoas entre as que había testemuñas directos dos ataques, persoas desprazadas que achegaron testemuños das condicións de desprazamento, persoal local e internacional de axuda humanitaria e persoal da ONU. Tamén analizáronse imaxes de satélite, videos, fotografías, radiotransmisións e avistacións de voos sobre o terreno.
Nas áreas de gobernación de Idlib, ao noroeste de Hama e ao oeste de Alepo, entre maio do 2019 e febreiro deste ano, documentáronse un total de 18 ataques contra instalacións médicas e escolas, sendo 13 destes ataques aéreos. Estes ataques constitúen crimes de guerra que atentaron contra a vida de centenares de persoas civiles e deixaron cidas e pobos totalmente inhabitables.
Estas circunstancias precisan de resposta humanitaria e asistencia inmediata e constante. Dende Amnistía Internacional instamos ao Consello de Seguridade da ONU que garanta a axuda transfronteriza e que restableza urxentemente o acceso da axuda humanitaria ao noreste de Siria.
En canto ao goberno sirio e ruso, algunhas das nosas peticións son as seguintes:
- Poñer fin aos ataques contra instalación médicas, vivendas e escolas;
- Permitir e facilitar o acceso humanitario ós organismos da ONU e demais axencias e organizacións humanitarias;
- Cooperar e permitir o acceso da Comisión de Investigacion Internacional Independente sobre a situación en Siria,
o Mecanismo Internacional, Imparcial e Independente para Axudar na Investigación e o Axuizamento dos Responsables dos Delitos de Dereito Internacional máis Graves Labores na República Árabe Siria desde Marzo de 2011; - Ó goberno ruso, garantir que o goberno sirio permita á poboación civil desprazada regresar en condicións de seguridade aos seus fogares. Asimesmo, garantir que este cumpre coas obrigas contraídas en virtude do dereito internacional humanitario.
Tamén, pedímoslle a Hayat Sham e demáis grupos armados da oposición o seguinte:
- Permitir e facilitar o acceso humanitario ós organismos da ONU e demais acencias organizacións e exencias humanitarias para o envío de alimentos, recursos e material médicos, combustible, etc., e para investigar as denuncias de violacións dos dereitos humanos;
- Non interferir no traballo de axencias e organizacións humanitarias con actos que menoscabesa calidade da asistencia ou que directamente as suspenda;
- Poñer fin aos ataques a persoas e bens civiles, así como ao uso de explosivos pouco precisos;
- Retirar das súas forzas a todo aquel ou aquela sospeitosa de violar o dereito internacional humanitario.
Por útlimo, ao goberno turco:
- Permitir a entrada e asilo con total seguridad das persoas civiles fuxidas de Idlib;
- Manter abertos o número suficiente de postos fronterizos regulares para atender ás persoas sirias que fuxen do conflicto;
- permitir o acceso humanitario sen restricciones para o envio de material e recursos necesarios para a poboación do noroeste e noreste de Siria.
Se queres ver o informe completo realizado polas compañeiras e compañeiros de amnistía, deixámoste aquí o enlace.