Galicia
Galicia

Nunha época en que a desigualdade, a inxustiza e o discurso de odio parecen predominar máis ca nunca en todo o planeta, non sería reprochable pensar que 2019 ten sido un mal ano para os dereitos humanos. Non obstante, tamén houbo algúns logros importantes. Activistas de todo o mundo mobilizáronse para dar un paso adiante e loitar en favor dos dereitos humanos, e grazas ao seu infatigable traballo de campaña conseguimos avances sorprendentes. Resumímosche o ano nalgúns avances que dan esperanza.

Nunha época en que a desigualdade, a inxustiza e o discurso de odio parecen predominar máis ca nunca en todo o planeta, non sería reprochable pensar que 2019 ten sido un mal ano para os dereitos humanos. Non obstante, tamén houbo algúns logros importantes. Activistas de todo o mundo mobilizáronse para dar un paso adiante e loitar en favor dos dereitos humanos, e grazas ao seu infatigable traballo de campaña conseguimos avances sorprendentes. Resumímosche o ano nalgúns avances que dan esperanza.

Manifestación en Taiwan © Amnesty International Taiwan

Manifestación en Taiwan © Amnesty International Taiwan

Xaneiro

Tras un histórico referendum en maio de 2018 que supuxo un gran trunfo para os dereitos das mulleres, ao fin houbo servizos legais de aborto a disposición das mulleres en Irlanda. Era o resultado do esforzo activista realizado durante anos, por Amnistía Internacional entre outros, para promover un diálogo potente que axudara a catalizar o debate sobre o aborto en Irlanda. Ese esforzo finalmente conduciu a unha maior protección das persoas que necesitan servizos de aborto alí e facilitou o camiño para un avance igualmente inspirador en Irlanda do Norte máis adiante no mesmo ano.

Amnesty International Ireland

Amnesty International Ireland

Como tributo a Julián Carrillo, defensor dos dereitos medioambientais asasinado en outubro de 2018, publicamos Entre balas e esquecemento, un documento sobre a falta de protección por parte de México a quen defende os dereitos humanos en relación co medio ambiente. Só unhas horas despois da publicación, dúas persoas sospeitosas do asasinato de Julián foron detidas, o que demostra o efecto inmediato que Amnistía pode ter sobre a xustiza.

O Parlamento de Angola aprobou unha reforma do Código Penal para eliminar unha disposición que, segundo a interpretación xeral, penalizaba as relacións entre persoas do mesmo sexo. O Parlamento foi incluso máis lonxe e penalizou a discriminación das persoas pola súa orientación sexual, convertendo ao país no primeiro que tomaba esta decisión en 2019 e que adoptaba unha medida tan radical e esperanzadora en África.

Febreiro

Tras pasar 76 días detido en Tailandia, o futbolista refuxiado Hakeem al Araibi puido regresar á súa casa en Melbourne o 12 de febreiro. Nacido en Bahréin, o futbolista tiña sido detido á súa chegada a Bangkok o 27 de novembro de 2018 debido a unha notificación vermella cursada por erro pola Interpol, e corría o risco de ser extraditado ao seu país natal. A campaña iniciada por Amnistía Internacional e outros grupos para pedir a liberdade de Hakeem, que é un destacado crítico pacífico das autoridades bahreiníes, creceu ata converterse no movemento #SaveHakeem (Salvar a Hakeem). A campaña, na que participaron futbolistas, deportistas olímpicos e celebridades, abarcou tres continentes e atraeu o apoio de máis de 165.000 persoas.

A raíz da atención internacional e as accións de organizacións como AI, as autoridades saudíes anularon unha petición da fiscalía para que a activista saudí Israa al Ghomgham fora executada por cargos relacionados coa súa participación pacífica en protestas. Israa al Ghomgham aínda se enfronta a unha pena de prisión, e Amnistía segue facendo campaña en favor da súa liberación inmediata e incondicional.

Marzo

A concentración con motivo do Día Internacional da Muller organizada pola defensora dos dereitos humanos Vitalina Koval, en Uzhgorod, oeste de Ucrania,  desenvolveuse pacificamente e contou coa protección da policía. O acto marcou un gran cambio na rexión, xa que as mesmas concentracións organizadas por Koval en anos anteriores tiñan sofrido ataques de grupos ultradereitistas e a policía non tiña tomado medidas para protexer da violencia ás participantes.

Tras a publicación do informe de investigación de Amnistía Internacional The Hidden US War in Somalia: Civilian Casualties from Air Strikes in Lower ShabelleAFRICOM admitiu por primeira vez que os seus ataques aéreos tiñan matado ou ferido civís en Somalia e saíron á luz documentos militares estadounidenses que confirmaban que as autoridades de Estados Unidos coñecían outras denuncias sobre vítimas mortais causadas por moitos dos seus ataques aéreos en Somalia.

Gulzar Duishenova levaba anos defendendo os dereitos das personas con discapacidade no seu país, Kirguistán. En marzo de 2019, a súa persistencia viuse recompensada cando Kirguistán ao fin asinou a Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. Simpatizantes de Amnistía enviaron case un cuarto de millón de mensaxes para apoiala.

E, en Irak, só uns días despois de que Amnistía e outras ONG deran a voz de alarma sobre un proxecto de lei de delitos informáticos que socavaría gravemente a liberdade de expresión no país, o Parlamento iraquí decidiu retiralo, o que confirmou a Amnistía que “os seus motivos de preocupación tiñan sido escoitados”.

Abril

En abril trunfou o amor cando o tribunal administrativo de apelación levantou a prohibición xeral de actos LGBTI en Ankara (Turquía) . “É un día memorable para as personas LGBTI en Turquía e unha victoria enorme para o activismo en favor dos seus dereitos. O amor trunfou unha vez máis”, afirmó Fotis Filippou, director de Campañas de Amnistía Internacional para Europa.

Esther Kiobel © Amnesty International

Esther Kiobel © Amnesty International

O Tribunal de Distrito de La Haya dictou unha sentenza provisional a favor de Esther Kiobel e tres mulleres máis que se enfrontaban a Shell, unha das maiores empresas petroleiras do mundo, na súa loita pola xustiza. Esther perseguiu á empresa durante máis de 20 anos polo papel que, segundo afirma, desempeñou na execución arbitraria do seu esposo en Nixeria. Amnistía compartiu máis de 30.000 mensaxes de solidariedade con Esther Kiobel e está apoiando a súa causa, Kiobel contra Shell, en La Haya. En outubro de 2019, como resultado desta vista, o tribunal oíu por primeira vez as declaracións de persoas que acusan a Shell de terlles ofrecido sobornos para que prestasen falsos testemuños, cuxa consecuencia fora a condea a morte e execución de “os nove ogonis”, entre eles o esposo de Esther Kiobel.

O presidente de Guinea Ecuatorial, Teodoro Obiang Nguema, anunciou que o seu goberno aprobaría lexislación destinada a abolir a pena de morte.

Maio

Taiwán  converteuse no  primeiro lugar de Asia que legalizaba o matrimonio entre persoas do mesmo sexo coa aprobación dunha lei histórica o 17 de maio; as primeiras vodas entre persoas do mesmo sexo celebráronse o 24 dese mesmo mes. Amnistía levaba moitos anos facendo campaña xunto con grupos de defensa dos dereitos das persoas LGBTI en Taiwán para lograr este resultado. Agora estamos traballando para acabar con todas as formas de discriminación das personas LGBTI en Taiwán.

Qatar prometeu máis reformas na súa lexislación laboral antes da Copa Mundial de Fútbol de 2022. A presión respecto aos dereitos humanos influíu na decisión da FIFA de abandonar os plans de ampliar a 48 equipos a Copa Mundial de Qatar 2022, o que tería significado engadir novos países anfitrións na rexión. Amnistía Internacional traballou xunto cunha coalición de ONG, sindicatos e grupos de afeccionados e xogadores para chamar a atención sobre os riscos da ampliación para os dereitos humanos, incluída a difícil situación dos traballadores migrantes que participaban na construción das novas infraestruturas.

Xuño

A activista polo cambio climático Greta Thunberg e o movemento escolar “Fridays for Future” recibiron o premio Embaixador/a de Conciencia de Amnistía Internacional en 2019. O movemento Fridays for Future foi iniciado por Greta, adolescente sueca que en agosto de 2018 decidiu faltar a clase todos os venres para ir protestar ante a sede do Parlamento sueco ata que se adopten medidas máis enérxicas para combatir o cambio climático.

Grecia aprobou lexislación para recoñecer que o sexo sen consentemento constitúe violación, unha decisión que debía ter tomado fai moito tempo, e o goberno de Dinamarca comprometeuse a facer o mesmo. Este avance dá testemuño da persistencia e valentía amosada por sobreviventes e activistas durante moitos anos, e crea verdadeiro impulso en toda Europa tras a análise de Amnistía en 2018 sobre lexislación anticuada en 31 países europeos e outros obstáculos cos que se atopa quen sobreviviu á violación para obter xustiza.

Desde o 1 de xuño de 2019, os métodos anticonceptivos e as consultas médicas de planificación familiar xa son gratuítas en Burkina Faso. Este cambio viuse como unha resposta á petición e ao manifesto de dereitos humanos que fixemos en 2015 con motivo da campaña O Meu Corpo Os Meus Dereitos para pedir que se adoptasen estas medidas. Unha vez eliminados os obstáculos económicos, as mulleres de Burkina Faso teñen agora mellor acceso ao control da natalidade e maior capacidade de decidir sobre os seus corpos.

Xullo

O 22 de xullo, día histórico e inspirador para o activismo de dereitos humanos, o Parlamento británico aprobou en votación unha lei histórica que legalizaba o matrimonio entre persoas do mesmo sexo en Irlanda do Norte. Así mesmo, esta lei obrigaba ao goberno británico a reformar a lexislación sobre o aborto en Irlanda do Norte, incluída a súa despenalización se o executivo norirlandés non tivese voltado a constituírse no prazo de tres meses.

Tamén en xullo, nunha sesión do Congreso de Estados Unidos, un alto executivo de Google ofreceu a confirmación máis clara ata o momento de que a empresa tiña “cancelado” o proxecto Dragonfly, o seu programa secreto para desenvolver un motor de búsqueda que facilitaría ao goberno chinés a vixilancia represiva e a censura de Internet.  Sucedeu tras a campaña de Amnistía para a retirada do proxecto Dragonfly (#DropDragonfly) e as protestas de centos de membros do persoal de Google.

Acción frente a las oficinas de Google España

Acción frente a las oficinas de Google España

O defensor dos dereitos humanos e destacado líder palestino beduíno Sheikh Sayyah Abu Mdeighim al Turi, de 70 anos,  foi liberado dun cárcere de Israel o 22 de xullo tras pasar sete meses en detención por defender que se protexan os dereitos e as terras da poboación beduína. Sheikh Sayyah deu as grazas a Amnistía Internacional e a todas as persoas que tiñan actuado no seu favor: “Moitas grazas por ter defendido os dereitos do meu pobo e á protección da nosa terra. O tempo que pasei en prisión, sentín e oín alto e claro o seu apoio, que significou moitísimo para min”.

Agosto

Mohammed, blogueiro mauritano, foi encarcerado por apostasía © Nikita Gavrilovs/Amnesty International

Mohammed, blogueiro mauritano, foi encarcerado por apostasía © Nikita Gavrilovs/Amnesty International

O blogueiro mauritano Mohamed Mkhaïtircondeado a morte e recluído arbitrariamente durante máis de cinco anos tras publicar un blog sobre a discriminación baseada na casta, quedou finalmente en liberdade.

En agosto, Arabia Saudí anunciou importantes reformas que suavizarían algunhas das graves restriccións impostas ás mulleres polo seu represivo sistema de tutela masculina, entre elas o recoñecemento do dereito a obter un pasaporte que lles permita viaxar sen o permiso dun titor masculino. Os cambios tamén inclúen o recoñecemento do dereito das mulleres a rexistrar matrimonios, divorcios, nacementos e falecementos, e a solicitar o libro de familia. Aínda que consideramos moi positivos estes cambios, aínda hai en prisión persoas que fan campaña en favor dos dereitos das mulleres, e debemos facer canto poidamos para loitar pola súa liberdade.

Setembro

O cidadán sirio Ahmed H. ao fin puido voltar a casa, tras ter estado encarcerado e despois recluído nun centro de detención para inmigrantes en Hungría durante máis de catro anos. Tiña sido detido por cargos de terrorismo tras verse atrapado en enfrontamentos armados na fronteira húngara. Naquel momento estaba axudando aos seus anciáns proxenitores, que tiñan fuxido de Siria e estaban entrando en Hungría coma refuxiados. Nada menos que 24.000 persoas se sumaron á campaña #BringAhmedHome, na que se pedía a Chipre que lle permitise voltar coa súa familia.

Un tribunal de Túnez capital absolveu á activista de 18 anos Maissa al Oueslati de cargos falsos que podían terlle custado ata catro anos de cárcere. Maissa e o seu irmán, de 16 anos, tiñan sido detidos arbitrariamente pola policía ese mesmo mes por gravar un manifestante que ameazaba con prenderse lume fronte a unha comisaría de policía.

Outubro

A medianoite do martes 22 de outubro de 2019, tras un intento de última hora de botar atrás o proxecto de lei polo Partido Unionista Democrático, o matrimonio entre persoas do mesmo sexo quedou legalizado en Irlanda do Norte, mentras que o aborto foi despenalizado. Todas as actuacións penais foron sobresidas, incluído o proceso aberto contra unha nai por comprar píldoras abortivas por Internet para a súa filla de 15 anos.

Novembro

O kurdo iraní Behrouz Boochani, refuxiado e xornalista galardoado, chegou a Nova Zelanda para asistir a un evento especial organizado por WORD Christchurch cun visado para visitantes auspiciado por Amnistía Internacional. Era a primera vez que Boochani, coñecido polo seu labor informativo sobre abusos contra os dereitos humanos nos centros de detención para inmigrantes do goberno australiano, poñía un pé fóra de Papúa Nova Guinea desde a súa detención na illa papú de Manus en 2014.

Scott Warren / Alli Jarrar/ Amnesty International

Scott Warren / Alli Jarrar/ Amnesty International

Scott Warren, voluntario humanitario, foi declarado inocente por un tribunal de Arizona de cargos relacionados con axudar a persoas migrantes na fronteira de México con Estados Unidos. Nun caso parecido, Pierre Mumber, guía de montaña francés que tiña ofrecido té quente e roupa de abrigo a catro solicitantes de asilo de África Occidental nos Alpes, foi absolto de “facilitar a entrada irregular no país”.

Decembro

Alberto Fernández foi proclamado presidente da Arxentina o 10 de decembro. Como presidente electo, Fernández anunciou que presionaría en favor da legalización do aborto en canto tomara posesión do seu cargo, dicindo: “é un problema de saúde pública que debemos resolver».

Comisión de Dereitos Humanos de Filipinas comunicou que se podían esixir responsabilidades a 47 importantes empresas de combustibles fósiles e emisoras de carbono pola violación dos dereitos da cidadanía a través dos danos causados polo cambio climático. Esta decisión histórica facilita o camiño para abrir máis litixios, e incluso investigacións penais, que poderían obrigar ás empresas do sector dos combustibles fósiles e outros grandes emisores de axentes contaminantes a pagar indemnizacións por danos e prexuízos, ou levar aos seus directivos a prisión por danos relacionados co cambio climático.

O Tribunal de Xustiza da Comunidade Económica de Estados de África Occidental (CEDEAO) rexeitou a prohibición de que as nenas embarazadas se presenten a exames e asistan ás escolas públicas imposta en 2015 polo goberno de Serra Leoa e ordeou revocar a norma con efecto inmediato.