Galicia
Galicia
0

Proxección do filme “Les Unwanted de Europa”

O vindeiro luns días 13 ás 19:30, o grupo local de Santiago de Compostela organizará a proxección da película “Les Unwanted de Europa” no Numax, na rúa Concepción Arenal nº9

 

Trátase dun filme no que se relata a realidade daquelas persoas que por mor da Guerra Civil española tiveron que escapar ata Francia, onde foron concentradas en campos de detención.

A partires dunha mirada ao pasado propio, este filme invita a reflexionar sobre o presente que habitamos. Un presente no cal seguimos a presenciar guerras, violencia, fame, enfermidade e tristura; no cal segue habendo inxustizas e dor; e, no cal, as persoas seguen tendo que fuxir dos seus fogares para poder sobrevivir.

En paralelo a esta cronificación das inxustizas sociais, volven emerxer, e consolídanse, aqueles movementos que verbalizan  a insolidariedade e que abogan polo incumprimento sistemático dos dereitos humanos, o cal tradúcese en millóns de persoas condenadas a habitar permanentemente na precariedade, na incertidumbre e no medo.

Hoxe en día hai máis de 68 millóns de persoas desprazadas e entre elas 25 millóns son menores de 18 anos. Millóns de homes e mulleres que  foxen das súas realidades para arribar ao porto da incerteza, da discriminación. E os gobernos seguen sen dar solucións, seguen a negar o acceso a dereitos básicos como educación, saúde, emprego e liberdade de movementos.

Nós seguimos crendo que o mundo pode cambiar, pero non o vai facer sen a túa axuda.

 

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *