Galicia
Galicia
Informe sobre acoso escolar

España: acoso escolar, un problema invisible que precisa un sistema de denuncias útil de verdade

Primeira investigación de Amnistía Internacional sobre acoso escolar. Asina en pupitreslibres.org para que o novo goberno convirta a loita contra esta lacra nun asunto central da súa política educativa

En España, miles de casos de acoso escolar permanecen ocultos. Non se rexistran oficialmente, xa sexa como resultado de erros na recollida de datos por parte da Administración, porque profesorado e pais e nais non saben como identificalo e actuar, ou porque as medidas que existen para atallalo non están funcionando. Así o denuncia Amnistía Internacional no seu primeiro informe en España sobre a materia publicado hoxe baixo o título “Hacer la vista… ¡gorda!”.

O acoso escolar é unha forma de agresión ou de hostigamento de carácter físico, verbal ou relacional, que é deliberado e se repite no tempo, e que se basea nun desequilibrio de poder real ou percibido que impide que a víctima se defenda. Esta problemática afecta gravemente aos nenos e nenas que o sofren e ás súas familias. O acoso merma a súa autoestima, a súa saúde, o seu rendemento académico e, en xeral, o seu dereito a creceren felices e sen medo. Nos casos máis graves, pode deixar importantes secuelas de por vida.

Las autoridades públicas, los centros escolares y el profesorado deben transmitir un mensaje claro de tolerancia cero. El acoso escolar no es una “niñería”. La responsabilidad la tienen las personas adultas y entre todas las partes implicadas, incluidos los y las menores, tienen que dar una respuesta rápida y efectiva que frene y prevenga este grave problema”, asegura Esteban Beltrán, director de Amnistía Internacional en España.

 “Los chicos me insultaban sobre todo llamándome fea y guarra. El grupo de niñas tenía una jefa y todas las demás la seguían como borregos. Si una de ellas se atrevía a hablarme, sufría las consecuencias y era excluida. (…) El acoso era en la clase y en el patio. Tenía que estar todo el tiempo sola. Cada vez que me veían en el aula entre dos clases, me insultaban hasta que llegaba el profesor o la profesora. (…) El rechazo era la sensación principal. Sentía que no le caía bien a nadie y que era la única culpable por no querer encajar así”. (Testemuño dun adolescente que sufriu acoso durante anos en Badaxoz).

 Amnistía Internacional considera que é necesario implementar un sistema de denuncias complementario ao actual, un mecanismo que utilicen habitualmente os e as adolescentes e que sexa anónimo. Ademais, a organización recomenda confiar en nenos, nenas e adolescentes na prevención do acoso escolar e a identificación de solucións. Nos lugares onde se implementou, o apoio entre iguais demostrou ser unha ferramenta moi eficaz para previr o acoso e abordar outras alteracións da convivencia escolar.

“Proteger a la infancia del acoso escolar es una obligación para las autoridades, para el sistema educativo y para las familias. En estos momentos, el Gobierno y las Comunidades Autónomas están fallando a la hora de proteger a estos niños y niñas, y esto constituye una violación de derechos humanos. El nuevo gobierno debe situar la lucha contra este problema en una parte central de su política educativa”, continúa Beltrán.

Datos contradictorios que impiden coñecer a magnitude do problema

Amnistía Internacional denuncia que non é un problema dun centro ou doutro, senón que se trata dun fenómeno extendido que a menudo pasa desapercibido. As políticas e a atención dos medios de comunicación deron luz ao tema, pero fai falla moito máis para garantir que tódolas nenas e nenos desenvolvan plenamente o seu potencial e gocen dos seus dereitos.

Non hai datos sobre a incidencia do acoso escolar e os resultados varían segundo as diferentes investigacións. Segundo o Estudio Conducta sobre Salud de los Jóvenes en Edad Escolar (HBSC, por sus siglas en inglés) da Organización Mundial da Saúde (OMS), a pesares de que o índice de victimización en España é inferior que na maioría de países europeos, o 7,5% dos nenos e o 4,3% das nenas foron víctimas de acoso escolar en España en 2014, último ano do que se dispón de datos. Estes datos contradicen as cifras oficiais, que falan de taxas moito máis baixas. En 2017-18 a inspección educativa de Extremadura documentou 188 casos,  de Madrid 83 e a de Aragón 63, é dicir,  un 0.27, un 0.3 e un 0.1% do alumnado en edad escolar, respectivamente.

O ciberacoso aumentou nos últimos anos. Máis dunha quinta parte (o 24,7%) das víctimas identificadas pola Fundación Anar en 2017 sufrira ciberacoso, o 86,9% delas fóra do centro escolar, ademáis de nel. “Antes, cuando tú llegabas a tu casa estabas ya protegido. Ahora resulta que tú llegas a tu casa y te pueden seguir mandando mensajes por Whatsapp en tono desagradable o directamente amenazante”. (Profesor que traballou en casos de acoso nun instituto de Madrid).

Medidas insuficientes ou que non se puxeron en práctica

Nos últimos anos as autoridades públicas tomaron medidas para responder ao problema do acoso escolar. Sen embargo, non se están implementando todas e quedan importantes lagoas por cubrir para garantir que se respetan e protexer os dereitos da infancia nos centros educativos.

O Plan Estratéxico vixente para combatir o acoso escolar non se imprementou na súa integridade. O Observatorio Estatal de la Convivencia Escolar, que só existe de nome, debería reunir información para realizar análises, diagnósticos e intervencións que poidan ser útiles para combatir o acoso escolar. A maioría dos casos de acoso escolar identificados de forma preliminar polo servizo de atención telefónica do Ministerio de Educación (900 018 018) en 2017 non foron denunciados á inspección educativa. As formas non físicas de acoso, como os insultos, o hostigamento e a exclusión social, incluido nas redes sociais, soen pasar desapercibidas e non se documentan nos cauces oficiais.

Durante o seu primeiro ano de funcionamento, o servizo recibiu 25.366 chamadas, das que 7.508 foron identificadas como posibles casos de acoso escolar. Sen embargo, só se informou á inspección educativa de 278 delas (o 3,7% do total), e iso a pesares de que o protocolo do servizo telefónico di claramente que se debe informar á inspección de tódolos casos.

Recomendacións de Amnistía Internacional

“Me dijeron que no diera publicidad al número del Ministerio para evitar el alarmismo”. Profesor de Mérida.

Amnistía Internacional propón que exista un sistema de denuncias que os e as adolescentes utilicen de verdad. O teléfono actual non é suficiente e son necesarios outros mecanismos que sexan utilizados habitualmente por estudantes e que sirvan para atallar esta problemática con rapidez e eficacia.

A organización tamén insiste en desenvolver programas obrigatorios de apoio entre iguais en tódolos centros educativos. Estes programas deben contar con redes de apoio entre o alumnado nos centros, contando con alumnos e alumnas debidamente seleccionados e formados que se impliquen en tarefas de detección e atención de conflitos no centro, aportando confíanza e solidaridade.

As familias e o profesorado son parte imprescindible da solución.  A formación permanente para o profesorado a veces é insatisfactoria. Aínda que se ofrecen cursos sobre acoso escolar, non son obrigatorios e os docentes non sempre os atopan útiles para identificar posibles casos de acoso na aula.

 

AI recomenda ao Ministerio de Educación que revise e implemente O Plan Estratégico de Convivencia Escolar na súa integridade, o que inclúe convocar ao Observatorio Estatal da Convivencia Escolar; que informe á inspección educativa das comunidades autónomas de tódolos posibles casos identificados polo servizo de atención telefónica, e que se asegure de que o alumnado do grao de Educación Primaria e do máster de Educación Secundaria de tódalas  universidades adquira una base sólida sobre prevención de acoso escolar.

Amnistía Internacional tamén pide aos departamentos de Educación das comunidades autónomas, incluidos os servizos de inspección educativa, que aborden todos os casos sen dilación, reúnan datos cuantitativos e cualitativos para observar o acoso escolar e identificar os factores de risco, e fagan obrigatoria a formación permanente de docentes nas áreas relativas á convivencia escolar, o xénero, a diversidade cultural e as tecnoloxías da información e la comunicación pertinentes ao ciberacoso.

Centros escolares e ensinantes deben asegurarse de que o alumnado e as nais e pais coñecen o protocolo sobre acoso escolar, a línea de axuda telefónica do Ministerio de Educación e calquera outro mecanismo para denunciar casos de acoso. Ademais, deberán informar ás autoridades de tódolos los posibles casos de acoso, garantir que todo o profesorado recibe a formación adecuada para identificar estes casos e abordarlos, e fomentar unha cultura escolar de respeto, diversidade e igualdade.

 Ciberacción en Internet e mobilización na rúa para frear esta situación

Amnistía Internacional ten en marcha unha ciberacción en www.pupitreslibres.org para recoller sinaturas dirixidas ao novo goberno central e ás comunidades autónomas na que pide que convirtan a loita contra o acoso escolar en parte central das súas políticas.