Galicia
Galicia
0
Gala Microrrelatos do Barbanza

Gala do II Concurso de Microrrelatos sobre acoso escolar do Barbanza

A gala de entrega dos premios celebrouse na Casa da Cultura de Boiro. No certame xuvenil houbo 36 participantes.

A Casa da Cultura Ramón Martínez López de Boiro acolleu a gala de entrega dos premios do II Concurso de Microrrelatos Xuvenil sobre acoso escolar convocado polo Grupo de Acción de Amnistía Internacional do Barbanza. Ao certame -que este ano era sobre o tema «No noso grupo conseguímolo»-  presentáronse 36 obras. A gañadora do premio do xurado foi Laura Santos Bouzas, do colexio Bayón de Ribeira, polo relato «Cinzas». A gañadora do premio da votación no Facebook resultou Andrea Paz Estévez, do colexio Galaxia de Ribeira, polo relato «Pánico ao espertar».
Gala Microrrelatos do Barbanza
Gala Microrrelatos Barbanza
No acto de entrega de premios participou a Banda Infantil da Escola de Música de Boiro. Na gala as gañadoras do concurso leron os seus relatos.

 

CINZAS (Laura Santos, 15 anos)

Quen pensara que nunha sala tan sinxela tantas cousas perigosas poderían
ocorrer?
O primeiro que ocorre ao entrar pola porta é que os pulmóns recenden ese
fume tóxico moi parecido ao que expulsa una fogueira normal, aínda que as
lapas parecen rostros e as súas ascuas resoan contra o chan coma murmurios.
Non é que me dixeran que intoxicaba, pero sempre deixábame doído e canso
coma cando enfermo.
Logo tiña que ter coidado con non queimarme, pero hai un tempo atopei un
método algo efectivo para non quedar ferida. Metíame antes de entrar na aula
nunha gran burbulla que me separaba do fume e as ascuas aínda que ás
veces o lume atravesábaa e acababa por ferirme.
Pensei que a fogueira nunca cesaría pero hai pouco tempo, no medio da néboa
que rodeaba o meu ser, apareceu unha persoa cun rostro alegre, moi diferente
ás que observaba acotío, pode parecer incrible pero cando se achegou ao meu
sitio a néboa pareceu ser menos espesa e co tempo pareceu disiparse.
Os días pasaban e eu sentíame san, forte e segura.
Agora da gran fogueira só quedaron cinzas.

 

PÁNICO AO ESPERTAR (Andrea Paz, 15 anos)
O autobús xa está na parada, bótome a correr para intentar chegar a
tempo.
Detrás de todo, atópanse sentados Antón e Uxía, fanme un sinal coa
man para que me sente ao seu lado pero eu non quero ir, aínda que vou
por temor do que me poida pasar despois.
Uxía quítame a mochila e colle a miña libreta de lingua galega, arrinca a
páxina dos exercicios para corrixir hoxe , bota una gargallada e garda a
folla no seu abrigo. Mentras tanto, Antón tírame do pelo, cúspeme e rise
de min , todos miran sen dicir nada.
Chego á escola, soa , xa que Uxía e Antón prohíbenlle aos compañeiros
estar comigo , pensan que eu non debo ter amigos polo meu aspecto
físico repugnante.
Como cada día, cando soa o timbre para saír ao recreo, eu encérrome no
baño e comezo a chorar sen parar nin un minuto pero intento que
ninguén me escoite por medo ao que dirán.
De súpeto!… sobresáltome e escoito a voz da miña nai espertándome.
Levántome asustada, dúchome, vístome , almorzo e saio da casa a correr
cara ó autobús.
Na parada estánme esperando os meus compañeiros. Antón e Uxía
apúranse para chegar de primeiros e coller os melllores sitios para estar
todos xuntos.
Entre risas e bromas, facemos os plan para a excursión do próximo mes.
Mentras tanto, eu olvídome do mal soño da noite pasada.
Un soño que xamais debería ser real para ningúen.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *