Galicia
Galicia
0
Cerrad Guantánamo

Performance en Vigo para esixir o peche de Guantánamo

Amnistía Internacional Vigo organiza o venres, 7 de febreiro, unha performance na rúa para esixir o peche de Guantánamo. Nel permanecen encerrados 40 homes, todos eles musulmáns.

A performance será na rúa Príncipe, de 18:30 a 20:30 horas, e con ela quérese recordar á sociedade que Guantánamo segue aberto 18 anos despois.

Desde Amnistía Internacional Vigo queren destacar o caso de Toffiq-al-Bihani, encerrado en Guantánamo desde 2003 aínda que nunca foi acusado de delito algún. Desde 2010 existe unha autorización legal para que poida ser liberado e o Goberno de Arabia Saudí, onde vive a súa familia, ofreceuse a acollelo. Pese a todo, segue encarcerado.

«Seguiremos esixindo ao presidente norteamericano que cumpra os seus compromisos e poña fin á situación de Guantánamo: un xuízo xusto ou a liberación inmediata dos detidos», lembran desde AIVigo.

O final só chegará o día que consigamos que Guantánamo sexa unha mancha escura na historia, nunca esquecida pero tampouco repetida. Chegará cando finalmente se faga xustiza e se investiguen todas as alegacións.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

code