Galicia
Galicia
0

8 M 2020: Loitadoras polos dereitos das mulleres

O próximo 8 de marzo, rúas e prazas de todo o mundo voltarán encherse novamente coa forza das reivindicacións feministas, para seguir avanzando na igualdade de dereitos e defender a permanencia dos xa conquistados.

Son moitos os avances conseguidos tras máis dun século de loita feminista organizada, exemplo paradigmático de loita pacífica, tenaz e exitosa polos dereitos humanos. Mais, ao mesmo tempo, entrados xa na segunda década do século XXI, enfrontámonos a unha preocupante tendencia global que pretende demonizar o activismo feminista e recortar os dereitos que tanto tempo e esforzo custou conseguir. A educación en igualdade de xénero, os dereitos sexuais e reprodutivos ou as medidas contra a violencia machista son algunhas das conquistas que se tentan atacar desde posicións anti-mulleres.

As mulleres seguiremos amosando que a nosa forza conxunta é inmensamente maior que a dos discursos criminalizadores do feminismo, persistentes nesta loita pola igualdade, a xustiza e os dereitos humanos. Seguiremos conxugando a acción local e a global, o activismo cotián e as reivindicacións de datas como o 8 de marzo; continuaremos lembrando as loitas que nos antecederon e ollando ao futuro con determinación.

Neste 8 de marzo, saímos á rúa baixo o lema #Loitadoras. Únete!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

code