Galicia
Galicia

A pesares dos avances históricos en materia LGTBI+, o fenómeno pandémico da COVID-19 está a agudizar as discriminacións e violencias que sofren as persoas pertencentes ao colectivo.

A COVID-19 está a visibilizar e afondar as discriminacións e violencias contra o colectivo LGTBI+. Co pretexto da necesidade de paliar os efectos do virus o máximos posible, moitos gobernos están a impulsar campañas que situan ás persoas LGTBI+ como responsables da pandemia.

Estas accións traen consigo consecuencia irreparables para moitas persoas tan só por atreverse a romper coa heteronormatividade imposta. Dificultar o acceso a servizos médicos, invisibilizar e normalizar o acoso e a violación dos dereitos das persoas LGTBI+… son só algunhas das consecuencias destas medidas.

Un dos casos máis dramáticos e exemplificadores destas discriminacións son os actos acontecidos en Filipinas. Neste país, a polícia aproveitou o toque de queda para castigar tres persoas pertencentes ao colectivo LGTBI. Mentres gravaban, obrigóuselles a realizar actos humillantes para, despois, subilo ás redes sociais.

Todo isto sucede baixo o telón do noso tempo, do século XXI. As Elisas e as Marcelas de onte, obrigadamente sumisas ante a cultura patriarcal imposta, miraban cara adiante coa esperanza da transformación; do avance. O que nunca imaxinarían estas dúas mulleres presas do seu tempo era que, casi 120 anos despois, teríamos que seguir loitando para lograr o seus soños de liberdade.

Non podemos permitir que os avances que nos levaron acadar 100 anos, estean derrubándose en dous meses baixo o falso pretexto de protexer á cidadanía.

Loitemos para que as Elisas e Marcelas, as Paulas e as Elsas da nosa era amen en liberdade e vivan con dignidade.

Porque querer e desexar a que nos peta, é un dereito humano.