Galicia
Galicia

As violacións de dereitos humanos LGBTI son xeneralizadas en todo o mundo. 70 países penalizan a homosexualidade con pena de cárcere ou castigos físicos e 12 poderían aplicar a pena de morte, tras a recente reforma do código penal de Brunei. As agresións homófogas seguen sendo unha constante en todos os países do mundo por […]

As violacións de dereitos humanos LGBTI son xeneralizadas en todo o mundo. 70 países penalizan a homosexualidade con pena de cárcere ou castigos físicos e 12 poderían aplicar a pena de morte, tras a recente reforma do código penal de Brunei. As agresións homófogas seguen sendo unha constante en todos os países do mundo por parte da sociedade, producíndose ademais unha preocupante involuciónnalgúns deles como Turquía, Rusia, etc.; as violacións correctivas en Sudáfrica que constitúen unha abominable práctica por parte de axentes non estatais que perseguen un dobre obxectivo: ‘curar’ ás persoas das cales se coñece a súa homosexualidade e, nun último termo, ‘castigalas’. Estes crimes cométense principalmente contra o lesbianas pero tamén contra os gais e trans.

Tamén se documentaron ditas violacións aínda que en menor medida en Uganda, Zimbabwee Xamaica, a pesar de que as súas constitucións prohíbenos. Por iso, máis aló das cores da bandeira arcoíris, símbolos da totalidade dun amplo abanico de xéneros, sexualidades e identidades. Estas cores encarnan a amigos/ as, colegas e familiares –en toda a súa diversidade– que se unen para esixir xustiza, igualdade, seguridade e respecto.

Xornada festiva en Barbanza

Dende o Grupo de Acción de Barbanza organizan, xunto á asociación Mulleres en Acción, unha xornada festiva no Parque García Bayón de Ribeira o venres 28 de xuño ás 20:00, con lectura de manifestos, micro aberto, exposicións e actuacións musicais.

Xustiza para Zak!

Zak Kostopoulos, activista queer e LXTBI+,  foi  asasinado o 21 de setembro do pasado ano. O activista grego, morreu a causa dunha paliza  propinada por dous homes nunha xoiería do centro de Atenas, sendo un dos asasinos o dono da propia xoiería. Cando a polícia chegou á escena da tortura, esposou  e golpeu a Zak, que finalmente faleceu dun ataque ao corazón provocado polas feridas. A pesares da gravidade destes actos, a investigación criminal concluiu, e as persoas que foran acusadas non teñen cargos por homicidio nin tortura.

Zak loitaba sen descanso polos dereitos do colectivo LXTBI e das persoas seropositivas. Zak foi vítima dun delito de odio: urxe actuar para esixir xustiza para el e
para que non volva acontecer algo así.

Axúdanos a esixir ao goberno grego que todas as persoas culpables comparezan ante a
xustiza. Actúa! https://www.es.amnesty.org/actua/acciones/grecia-zak-kostopoulos-lgbti-may19/

Quen ordenou matar a Marielle Franco?

A defensora dos dereitos hu,anos e concelleira Marielle Franco, de 38 anos, foi asasidad a balazos o 14 de marzo do 2018 en Río de Janeiro. Anderson Pedro Gomes, o seu chófer, tamén faleceu no ataque.

Marielle era moi coñecida polo seu incansable traballo de denuncia de violacións dos dereitos humanos, especialmente contra xóvenes negros, mulleres e persoas LXTBI, ademais dos abusos e execucións extraxudiciais cometidos polas forzas de seguridade.

O pasado 12 de marzo, dúas persoas foron detidas e acusadas de teren participado nos homicidios. É un gran paso, pero a investigación debe continuar ata que se coñezan aos autores ou autoras intelectuais e as causas do crime.

Nunha reunión recente coas dúas autoridades que están ao mando do caso, ambos comprometéronse a garantir que as investigacións segan adiante ata que todos os ou as implicadas sexan identificados ou identificados en levadas á xustiza.

En Amnistía Internacional seguiremos acompañando o caso e movilizándonos ata que teñamos respostas: ¿quen mandou matar a Marielle Franco?, ¿por que?

Fai presión e esixee justiza! https://www.es.amnesty.org/actua/acciones/brasil-marielle-franco-abr18/