Galicia
Galicia

Radiografía da Sanidade: evolución ou involución?

No medio da pandemia actual, e vista a evolución dos acontecementos recentes, facíase máis necesario que nunca analizar a situación sanitaria que vive o noso país para poder esclarecer a posición na que se atopa este sector. En España, como en moitos outros países, fíxose un imperativo robustecer o sistema de atención médica, que tras […]

No medio da pandemia actual, e vista a evolución dos acontecementos recentes, facíase máis necesario que nunca analizar a situación sanitaria que vive o noso país para poder esclarecer a posición na que se atopa este sector. En España, como en moitos outros países, fíxose un imperativo robustecer o sistema de atención médica, que tras un longo e exhaustivo proceso foi levado até os extremos. Agora toca reflexionar para saber se este feito podería ter sido evitado. Para iso, dende Amnistía Internacional decidimos estudar as tendencias latentes na última década e observamos o seguinte.

Inversión ou recortes?

Se observamos a tendencia para o período 2003-2017 é evidente que o gasto total, segundo as cifras publicadas polo ‘Sistema de Cuentas de Salud’ do Ministerio de Sanidade, aumentou lixeiramente en términos porcentuais. Este parece ser un dato positivo. Agora ben, se nos mergullamos na situación real do sector, as tendencias visibles poden ser contradictorias coas cifras.

Menos profesionais e peor retribuídos

Por exemplo, as taxas de persoal sanitario en España tanto de médicos/as (3,9) como de enfermermeiros/as (5,7) por 1.000 habitantes é inferior a media doutros países europeos. Así tamén a remuneración do persoal, que se mantén estable dende 2009 para o sector español, é relativamente baixa se a comparamos cos memos profesionais de Francia, Alemaña, Reino Unido ou Estados Unidos tal e como amosa o informe de salarios médicos de Medscape.

Negocio ou sanidade pública?

No ano 2019 en España, tan só un 34,86% dos hospitais son públicos. Os hospitais concertados (289) acaparan ademais o 11% de gasto público en saúde por un total de máis de 8.000 millóns de euros. A pesares de que os concertos están previstos na lexislación relativa a sanidade, un abuso deste método pode descapitalizar os hospitais públicos mentres se aumenta o beneficio privado. Estes feitos explican mellor os datos observados tanto na gráfica previa como no Inform de AI sobre a sanidade onde se evidencia a reducción de gasto público (-9,1%) mentres aumentou nese mesmo período (2009-2017) o gasto privado (+18%).
Similarmente, no conxunto español o gasto público médico por habitante tamén descendeu arredor do 10%.


Galicia está a cabeza das rexións españolas coa menor porcentaxe de gasto sanitario en atención primaria así como a cabeza das comunidades autónomas con maior descenso en inversión sanitaria pública.

O futuro do país radica en mellorar e fortalecer o Estado de benestar e por iso é necesario mobilizarse contra o continuo expolio da sanidade pública. Porque se algo aprendemos esta pandemia é que o gasto sanitario non é algo superfluo, senón necesario e imprescindible. Así como a aposta polo mellora do persoal sanitario, o cal debemos dotar de material adecuado e de recursos.

Lembra: os recortes matan!