Galicia
Galicia

Amnistía Internacional valora positivamente o Anteproxecto de Lei de Garantía da Liberdade Sexual por abordar por primeira vez cun enfoque integral a violencia sexual e por poñer no centro o consentimento da muller.

Amnistía Internacional entregou no Congreso dos Deputados máis de 140.000 firmas que apoiaron o manifesto #NoConsiento. Basta de obstáculos a las víctimas de la violencia sexual  e que contou coa adhesión de 338 organizacións.

Con estas firmas, recordamos a deputados e deputadas que está nas súas mans aprobar unha lei eficaz que garantice a prevención, a protección, o acompañamento e a reparación de todas as vítimas de violencia sexual.