Galicia
Galicia

Lisa Montgomery, a única muller no corredor federal da muerte, foi declarada culpable dun crime atroz. Ao examinar a súa vida en profundidade, observamos a lenta morte dunha persoa víctima de violencia sexual sendo nena que se extendeu ao longo da súa vida. A pena capital é o castigo dunha sociedade incapaz de protexer o máis valioso das persoas: a vida.

Lisa Montgomery ten estipulada para hoxe, 12 de xaneiro de 2021, a súa execución. Este feito convírtea na primeira muller executada polo goberno federal en 67 anos. Despois dunha pausa que durou 17 anos, o goberno dos Estados Unidos (baixo a administración de Trump, a cal remata en menos de 8 días) mandará executar a súa undécima víctima. O ano pasado (2020) foron executadas un total de dez persoas nos corredores da morte das prisións federais. Entre eles, destaca un patrón marcado pola arbitrariedade, por representacións legais ineficaces, prexuizos raciais e a violación das normas internacionais sentenciando á morte a persoas con discapacidades mentais graves.

Lisa Montgomery, por desgraza, padece varias destes elementos. Para entender o seu caso é necesario facer unha recapitulación da súa vida. Esta historia é a dunha nena que foi víctima de abusos sexuais dende unha idade moi nova sendo violada múltiples veces ao longo da súa nenez e adolescencia. Como resultado dunha vida de tortura e violencia sexual, Lisa sofre unha enfermidade mental profunda. Estamos ante unha persoa rota polos diferentes acontecementos que tiveron lugar durante a súa existencia.

Pero ademais diso, no seu xuízo (2007), Lisa Montgomery estivo representada por un avogado que nunca tiña participado nun xuízo sobre un caso de pena capital alén de Fred Duchardt, avogado de Kansas City que ten fama e distinción por ter o maior número de clientes condenados a morte nun tribunal federal. Iso parece non ser suficiente para evitar o máis cruel e irreversible dos castigos posibles. Mentres os Estados Unidos exportan guerra en nome da democracia polo mundo adiante, descoidan o cumplimento dos dereitos humanos no seu propio país. Afastados da sintonía mundial entorno á pena capital, nos Estados Unidos aínda hai xente loitando incansablemente para por fin a esta práctica inhumana e contraria aos supostos defendidos por moitas organizacións que levou a vida de 39 persoas nos últimos dous anos.

A sociedade falloulle a Lisa Montgomery. Non unha, nin dúas, senón múltiples veces. A sociedade, agora encarnada na Administración agonizante de Donald Trump, volve para matala como castigo

A última hora, un xuíz freou a execución tras a última apelación de urxencia dos avogados de L. Montgomery. Apelaron a unha sentencia do Tribunal Supremo que estableceu que executar a persoas con problemas mentais é inconstitucional. Salvouse unha bala, pero agora toca frear de todo este tipo de prácticas. Biden ten a oportunidade de reafirmarse no acordo pronunciado cando era Vicepresidente. Só o tempo dictará sentenza.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

code