Galicia
Galicia

A xustiza social é a única maneira de que poidamos ter un futuro sostible e de que se respeten os dereitos humanos de todas as persoas. É o noso labor traballar cada día para que esta xustiza social sexa cada vez máis forte.

Onte, 20 de febrero, foi o día mundial da xustiza social. Este día só leva sendo celebrado 11 anos e para falar del, debemos entender qué é a xustiza social.

É preciso crear mecanismos efectivos para garantizar os dereitos dos seres humanos. Unha educación e sanidade gratuitas e universais son exemplos de xustiza social, así como o son unhas condición laborales dignas ou un teito garantizado.

Entre os 41 países da OCDE, España non sae ben parada en canto á súa situación na xustiza social. O Social Justice Index 2019 sitúa a España como o país número 28. Entre os países da Unión Europea, o panorama é aínda máis desolador: o país sitúase no número 21 de 28.

En que suspende España para situarse neste número do ranking? A resposta é xustiza interxeracional, ámbito no que o Estado leva sen avanzar 10 anos. O cambio climático ou a dificultade para manter o sistema de pensións no futuro fan que a mocidade española teña moito que temer en canto ao seu futuro. Porén, esto son problemas que, con algún aspectos diferenciadores, enfrentan todos os países europeos. Onde desgraciadamente destaca España é no acceso ao mercado laboral da mocidade. A decembro de 2020, o país ten o dubidoso honor de ser o primeiro país por desempleo xuvenil cun 40,7%. En comparación, o último da lista, Alemaña, ten tan só un 6,1%.

A xustiza social é a única maneira de que poidamos ter un futuro sostible e de que se respeten os dereitos humanos de todas as persoas. É o noso labor traballar cada día para que esta xustiza social sexa cada vez máis forte.

Fotografía destacada: «Change, Freedom, Social Justice – Egypt Uprising protest Melbourne 4 Feb 2011» por John Englart (Takver) Creative Commons CC BY-SA 2.0