Galicia
Galicia

25 de novembro. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller

No medio da gran polémica suscitada pola redución de penas na aplicación da nova lei de « Só si é si » o mundo prepárase para a celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller o próximo 25 de novembro. Esta convocatoria foi reivindicada polo movemento feminista latinoamericano en 1981, en conmemoración […]

No medio da gran polémica suscitada pola redución de penas na aplicación da nova lei de « Só si é si » o mundo prepárase para a celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller o próximo 25 de novembro. Esta convocatoria foi reivindicada polo movemento feminista latinoamericano en 1981, en conmemoración da data na que foron asasinadas, por orde do ditador Rafael Leónidas Trujillo, en 1960, as tres irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa) na República Dominicana.

Actualmente, a violencia contra as mulleres e nenas segue sendo extremadamente preocupante: unha de cada tres mulleres vese afectada por algún tipo de violencia de xénero e cada 11 minutos unha muller ou nena morre asasinada por un familiar, segundo os datos da ONU. E isto nun contexto no que o mundo se arrepía ante a celebración do próximo mundial de fútbol en Catar, país no que os dereitos das mulleres son vulnerados de maneira constante e sistemática.

Así, a ONU define a violencia contra as mulleres e nenas como todo acto de violencia baseado no xénero que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou mental para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública como na vida privada. A violencia contra as mulleres e nenas abarca, con carácter non limitativo, a violencia física, sexual e psicolóxica que se produce no seo da familia ou da comunidade, así como a perpetrada ou tolerada polo Estado.

Grazas ás loitas feministas fóronse conseguindo cambios na lexislación, na atención ás mulleres vítimas de violencia machista, mesmo se asinou un Pacto de Estado para erradicar estas violencias, pero está claro que non é suficiente como amosan as cifras oficiais. Así, en España contabilízanse xa 38 mulleres asasinadas por violencia machista este ano e preto de 1.200 desde 2003, segundo as cifras do Ministerio de Igualdade.

Pola súa banda, Amnistía internacional denuncia na investigación « Ya es hora de que me creas. Un sistema que cuestiona y desprotege a las víctimas » de 2018 a falta de políticas públicas e o percorrido cheo de obstáculos e prexuízos ao que se enfrontan as mulleres vítimas de violencia sexual. A organización alerta igualmente da atención desigual ás mulleres segundo a comunidade autónoma na que se produciu a violación ou outro tipo de violencia sexual. O medo a non ser cridas, a estigmatización e a falta de confianza nas autoridades, colocan a España hoxe en día por debaixo da media no número de denuncias presentadas por violencia sexual.

Fontes :

• « ¿Es irreversible la rebaja de penas por la ley del ‘solo sí es sí’? Qué pasará con los casos ya revisados cuando el Supremo unifique doctrina », El País : https://elpais.com/espana/2022-11-18/es-ya-irreversible-la-rebaja-de-penas-por-la-ley-del-solo-si-es-si-que-pasara-con-los-casos-ya-revisados-cuando-el-supremo-unifique-doctrina.html

• « Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer. 25 de noviembre »,Naciones Unidas: https://www.un.org/es/observances/ending-violence-against-women-day

• « 25 noviembre, día de la eliminación de la violencia contra la mujer », Extra Jaen : https://extrajaen.com/mediodia-en-la-provincia-de-jaen/25-noviembre-dia-de-la-eliminacion-de-la-violencia-contra-la-mujer

• « Preguntas frecuentes: Tipos de violencia contra las mujeres y las niñas », ONU mujeres: https://www.unwomen.org/es/what-we-do/ending-violence-against-women/faqs/types-of-violence

• « 25 de noviembre: día internacional de la eliminación de la violencia contra la mujer», Blog AI Cantabria: https://blogs.es.amnesty.org/cantabria/2019/11/16/25-de-noviembre-dia-internacional-de-la-eliminacion-de-la-violencia-contra-la-mujer/

• Datos de las muertes por feminicidios del Ministerio de igualdad de España: https://violenciagenero.igualdad.gob.es/violenciaEnCifras/victimasMortales/fichaMujeres/home.htm

• Documento pdf « Ya es hora de que me creas. Un sistema que cuestiona y desprotege a las víctimas » : https://doc.es.amnesty.org/msopac/recordmedia/1@000030392/object/39260/raw