Galicia
Galicia
0

Os ninguéns, un colectivo ao que lle deberíamos dar a nosa a atención  

Segundo o preámbulo da Lei 12/2023, de 24 de maio, polo dereito a vivenda: “A  Constitución española (CE) recoñece, no seu articulo 47, o dereito ao desfrute de una vivenda digna e adecuada e impoñe seguidamente a los poderes públicos el deber de promover las condiciones necesarias que garanten a igualdade no exercicio dos dereitos […]

Segundo o preámbulo da Lei 12/2023, de 24 de maio, polo dereito a vivenda: “A  Constitución española (CE) recoñece, no seu articulo 47, o dereito ao desfrute de una vivenda digna e adecuada e impoñe seguidamente a los poderes públicos el deber de promover las condiciones necesarias que garanten a igualdade no exercicio dos dereitos no exercicio dos dereitos e o cumprimento dos deberes constitucionais e de establecer as normas pertinentes para facer efectivo o referido dereito”.

Convén así ter claro cuanto menos dúas cuestións en relación a vivenda: i) é un dereito das persoas con recoñecemento xurídico a nivel estatal e internacional e  ii) que  se trata de un pilar para o sustento da vida digna, logo que a ela van asociadas valores como saúde, estabilidade laboral, vida social e todo o que podamos imaxinar nun espazo humano.

O triste é que este dereito parece que vai virando a unha proclama máis que a un acto efectivo por parte das administracións tal e como o leva denunciado o colectivo de Os ninguénUnha proclama a que vai asociada ao deixamento de funcións por parte das administracións públicas con efectos perversos en sectores da cidadanía nos que dada vez se observa unha maior cronificación da pobreza, incremento da vulnerabilidade urbana chegando a propia morte de persoas.

Os ninguéns é un colectivo que leva máis de oito tratando de poñer na axenda política a xustiza social e o que esta supón: a redistribución da riqueza naqueles espazos onde a exclusión severa leva a morte.

Unha morte non chorada marcada por unha violencia de distinto signo, que como nos di a pensadora Judith Butler: “o pensamento sobre unha vida posible so pode se un entretemento para quen xa sabe que eles mesmos son posibles. Para aqueles que aínda están tratando de converterse en posibles, a posibilidade é unha necesidade”.

Esa necesidade de facer posible a vida digna é o que da prioridade este colectivo que ten ben claro que o deserto do real en Vigo comeza en canto vanse apagando as luces. Unhas luces de simulacro no que o real pasa a ser hiperreal e todo o importante tornase invisible. Ë necesario para eles dar visibilidade á ausencia de dereitos sociais e económicos nunha importante franxa social que en realidade é unha franxa de persoas, na maioría mulleres e  menores.  

Entre a pobreza e os dereitos humanos dáse  unha importante relación. A  declaración e o programa de acción de Viena da Conferencia Mundial de Dereitos Humanos de 1993 establecía que : “A xeneralización da pobreza extrema inhibe o goce pleno e efectivo dos dereitos humanos; o seu alivio inmediato e a súa eliminación final deben seguir sendo unha cuestión de alta prioridade para a comunidade internacional

Por cuestións culturais os conceptos de pobreza varían e as administracións occidentais falan dunha pobreza absoluta e unha relativa. Debemos ter presente que da definición que se faga desta, depende non so a recollida de datos, se non os enfoques que se leven para a súa erradicación. Convén pois intentar crear unha visión ampla e o máis completa posible, de xeito que a persoa non sexa so unha renda percápita se non saúde mental, sentimentos, recoñecemento… neste sentido Os ninguéns o teñen claro. Clase, xénero, discriminación e exclusión soen ir xuntos e polo tanto convén tratalas de forma conxunta.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *