Galicia
Galicia
0

Onde queda o cambio climático nas eleccións ao Parlamento Europeo?

Martín González González Estamos xa a primeiros de xuño, o que significa que este domingo día 9 temos unha (outra) cita coas urnas. E non é unha cita calquera, xa que o que está en xogo é moito máis que factores económicos ou decimais nun gráfico: está en xogo a estabilidade dos sistemas naturais e […]

Martín González González

Estamos xa a primeiros de xuño, o que significa que este domingo día 9 temos unha (outra) cita coas urnas. E non é unha cita calquera, xa que o que está en xogo é moito máis que factores económicos ou decimais nun gráfico: está en xogo a estabilidade dos sistemas naturais e do noso futuro coma especie.

Nestes intres, a comunidade científica atópase preocupada por temas tales como o posible colapso da Corrente Circular do Atlántico, as condicións xa inhabitables de certos recunchos do planeta, ou o aumento palpable do nivel do mar, que xa provoca a emigración de habitantes de rexións insulares que perderon os seus medios de subsistencia, o que está a provocar a aparición de persoas refuxiadas climáticas.

O cambio climático afecta e seguirá afectando desproporcionadamente a aquelas personas con menor protección social e máis baixo estatus social, especialmente no Sur Global. Isto é doblemente inxusto xa que son estas as persoas que menos contribuíron históricamente á situación actual de quecemento e superación dos límites planetarios. As peores prediccións e modelos son aqueles que se están cumplindo, polo que urxen medidas drásticas e inmediatas.

É preocupante, polo tanto, que mentres que algúns dos partidos que se presentan a estas eleccións para o Parlamento Europeo dan prioridade ás medidas destinadas a mitigar e adaptarse á crise climática, outros apenas (se iso) o mencionen nas súas campañas. Nestes últimos tempos, as prioridades da Unión Europea parecen estar lamentablemente na Defensa ou na Industria, e non nesta batalla que levamos tantos anos loitando, e cuxas piores consecuencias aínda están por chegar.

Con todo, recentemente foron aprobadas leis importantes a nivel europeo referentes á sostibilidade, tales como o Regulamento Europeo sobre Ecodiseño, a Directiva de Dilixencia Debida, que busca o comportamento responsable das compañías nas súas cadeas de valores, ou normas para frear o “Greenwashing”, ou propaganda enganosa sobre supostos beneficios ecolóxicos dos productos, tan presente hoxe en día tanto nas grandes coma nas pequenas compañías. Desgraciadamente, moitas destas normas viron debilitado o seu contido sustantivo á hora da súa adopción, sexa como fruto de longas negociacións, á falta de apoios ou á posición cambiante dalgúns países, o que exemplifica a importancia de obter unha representación maioritaria de cara á protección do planeta.

Para revertir esta tendencia en materia lexislativa e acadar normas máis efectivas, sería importante que se repetise a “ Vaga verde” que se materializou nas eleccións de 2019 e que permitiu que o “Green Deal” (o Pacto Verde), a gran ferramenta da UE en materia medioambiental, chegase á primeira liña da axenda internacional, e que partidos con propostas a prol da protección do planeta acadasen un gran anaco do pastel electoral en países coma Luxemburgo, Alemania ou Francia. 

Necesitamos máis ca nunca representantes políticos que integren este “Green Deal” e outras medidas ambiciosas nos seus plans e que apoien a transición enerxética, a xustiza climática e o freo a este “Business as usual”, é dicir, seguir coa mesmas prácticas insostibles de sempre, que foi o que precisamente nos levou ao bordo do precipicio no que nos atopamos.

Amnistía Internacional fixo público un manifesto de cara ás elecciones europeas, no que pedimos o respeto e promoción dos dereitos humanos dentro da UE e na súa política exterior, a protección ás persoas migrantes e refuxiadas e accións urxentes (e necesarias) fronte á crise climática. Entre as nosas peticións figuran: 

-Que os membros da UE cumpran cos seus compromisos en materia de reducción de gases de efecto invernadoiro e combustibles fósiles, permitindo unha verdadeira transición enerxética. 

-A protección e maior recoñecemento dos defensores dos dereitos humanos medioambientais.

-O recoñecemento do dereito a un medio natural sostible, san e limpo, e do feito que a crisis climática está conformada tamén por unha dimensión de DDHH.

Políticas sociais e climáticas ambiciosas son necesarias para que os dereitos humanos non sexan pura teoría e pasen a ser defendidos na práctica, porque un medio natural san e limpo é necesario para exercer estes dereitos.

É por iso que, dende Amnistía Internacional, instamos a todas e todos a votar este domingo por unha Europa  que protexa os dereitos humanos e actúe fronte  a crise climática.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *