Galicia
Galicia
0

Premios Princesa de Asturias marcados polo contexto internacional e a reivindación dos dereitos humanos

“Entre o que os biólogos denominan animais auténticos, é dicir, os mamíferos, o home é o único que mata á súa femia. (…) A educación non sempre nos fai mellores. Quizais é que a entendemos mal: Quizais antes de educar aos nosos fillos para que teñan éxito económico e social, debésemos ensinarlles que o verdadeiro éxito radica ante todo no humanismo. (…) O home por si só non sobrevive na natureza. Só sobrevive xuntándose con outros e creando sociedades. E a condición sine qua non para logralo é a empatía”.

Repleta de reflexións sobre a humanidade, a cerimonia dos Premios Princesa de Asturias tivo lugar este venres 25 de outubro no Teatro Campoamor de Oviedo. Nela, algunhas das persoas galardoadas fixeron referencia ao contexto internacional actual para reivindicar as vulneracións de dereitos humanos que teñen lugar hoxe en día ante os nosos ollos.

Unha das gañadoras do premio de Comunicación e Humanidades foi Marjane Satrapi, artista e ilustradora franco-iraniana coñecida sobre todo pola súa novela gráfica autobiográfica Persépolis (2002) sobre a súa infancia e mocidade entre o Irán da revolución islámica e a Europa dos anos 1980-1990. Satrapi protagonizou o discurso máis potente e visceral da velada, reflexionando sobre o que nos fai humanos, non só a compaixón, senón tamén a violencia:

“Entre o que os biólogos denominan animais auténticos, é dicir, os mamíferos, o home é o único que mata á súa femia. (…) A educación non sempre nos fai mellores. Quizais é que a entendemos mal: Quizais antes de educar aos nosos fillos para que teñan éxito económico e social, debésemos ensinarlles que o verdadeiro éxito radica ante todo no humanismo. (…) O home por si só non sobrevive na natureza. Só sobrevive xuntándose con outros e creando sociedades. E a condición sine qua non para logralo é a empatía”.

Joan Manuel Serrat, premio das Artes, fixo un manifesto ontológico sobre a súa persoa: “Son unha persoa partidaria da vida. Non me gusta ser testemuña de atrocidades sen unánimes e contundentes respostas. Non me conformo ao ver os soños varados na outra beira do río”.

No seu discurso, a poeta Ana Blandiana, premio das Letras, fixo un breve repaso pola historia antiga e recente do seu país: Rumania, esa “latinidade, exiliada no outro extremo do continente”, con especial fincapé no réxime comunista. Además, Bladiana fíxose unha pregunta clásica: Pode a poesía salvar o mundo? “Por incrible que pareza, durante as décadas dos cincuenta e sesenta do século pasado, nos cárceres comunistas de Rumania produciuse unha auténtica resistencia a través da poesía. Recorríase á poesía como medio de salvación».

Pola súa banda, o rei Felipe VI destacou no seu discurso que a persoa ten que estar no centro da acción: “A historia alértanos das graves consecuencias de apartarse dese camiño. Como nos alerta dos graves riscos da polarización, da negación do outro polas súas conviccións ou crenzas, porque pensa, reza ou vota distinto”.

Para exemplificar esas graves consecuencias, citou os conflitos en Oriente Próximo, Ucraína, África e outros lugares do mundo. Lugares “arrasados por conflitos abertos e violacións sistemáticas dos dereitos humanos, que nos obrigan a unha chamada incesante á contención e á humanidade; tamén á denuncia e a facer o posible para que a paz e a seguridade volvan ser compatibles, complementarias e conducentes á convivencia, ou polo menos a coexistencia”.

E non só en lugares afastados, tamén no ámbito das proximidades: “En calquera desigualdade, prexuízo ou inxustiza, ou en calquera discurso condicionado polo medo ou baseado na indiferenza ou a radicalidad. É obrigación das institucións e da cidadanía enfrontarse a todo o que nos separe do respecto integral á persoa, de calquera persoa”, da dignidade do ser humano.

A lista completa dos galardoados é a seguinte:

  • Artes: Joan Manuel Serrat
  • Comunicación e humanidades: Marjane Satrapi
  • Deportes: Carolina Martín
  • Ciencias sociais: Michael Ignatieff
  • Letras: Ana Blandiana
  • Cooperación internacional: Organización de Estados Iberoamericanos para a educación, a ciencia e a cultura (OEI)
  • Investigación científica e técnica: Daniel J. Drucker, Jeffrey M. Friedman, Joel F. Habener, Jens Juul Horst e Svetlana Mojsov
  • Concordia: Magnum Photos

Fontes

https://elpais.com/cultura/2024-10-25/unos-premios-princesa-de-asturias-contra-el-totalitarismo-y-por-la-humanidad.html?event_log=oklogin

https://elpais.com/cultura/2024-10-25/los-premios-princesa-de-asturias-en-directo.html

https://elpais.com/cultura/2024-10-25/el-rey-advierte-contra-la-polarizacion-y-la-negacion-del-otro-en-los-princesa-de-asturias.html

https://www.elmundo.es/yodona/moda/reina-letizia/2024/10/25/671bc502fdddff16668b4574.html

https://www.rtve.es/noticias/20241025/marjane-satrapi-princesa-asturias-si-eres-indiferente-dolor-no-mereces-llamarte-humano/16303933.shtml

https://www.abc.es/cultura/discurso-integro-joan-manuel-serrat-premio-princesa-20241025183241-nt.html

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *