Acerbaixán: Detido un defensor dos dereitos humanos e da xusticia climática antes da COP29
Anar Mammadli é un destacado defensor dos dereitos humanos e director do Centro de Observación Electoral e Estudos sobre a Democracia e cofundador da Iniciativa Clima de Xustiza en Acerbaixán. O pasado 29 de abril de 2024, dirixíase a recoller ao seu fillo á gardería cando uns homes enmascarados non identificados detivérono e levárono. O […]
Anar Mammadli é un destacado defensor dos dereitos humanos e director do Centro de Observación Electoral e Estudos sobre a Democracia e cofundador da Iniciativa Clima de Xustiza en Acerbaixán.
O pasado 29 de abril de 2024, dirixíase a recoller ao seu fillo á gardería cando uns homes enmascarados non identificados detivérono e levárono. O Ministerio do Interior confirmou a súa detención e a súa irmá informou de que era oficialmente sospeitoso de “contrabando mediante conspiración previa dun grupo de persoas”, en virtude do artigo 206.3.2 do Código penal de Acerbaixán. Negóuselle o acceso ao seu avogado durante a noite en que permaneceu nun centro de detención temporal en Bakú.
En 2014, Anar Mammadli foi recoñecido como preso de conciencia por Amnistía Internacional cando se lle impuxo unha condena de cinco anos e medio de prisión por cargos falsos de evasión fiscal, actividade empresarial ilegal e abuso de poder. Foi indultado en 2016, pero desde entón sufriu repetidos ataques das autoridades e dos medios de comunicación progubernamentales, que se intensificaron en vésperas da COP29 celebrada este mes de novembro en Bakú. Trátase dunha clara vulneración e represión dos dereitos de liberdade de expresión, asociación e de reunión pacífica.
En resposta á súa detención, Natalia Nozadze, investigadora de Amnistía Internacional sobre o Cáucaso Sur, manifestou:
“As autoridades acerbaixanas deben poñer fin de inmediato á súa campaña de intimidación contra a sociedade civil e deixar de deter cínicamente aos seus críticos antes da reunión da COP29 que se celebrará en Bakú en novembro. Isto xa deu lugar ao dubidoso procesamento penal de varios destacados activistas e xornalistas. A detención do coñecido defensor dos dereitos humanos Anar Mammadli é outro exemplo atroz desta inquietante tendencia”.
Lamentablemente, ou caso de Anar non é único. Gubad Ibadoghlu é un destacado economista e activista político que foi detido en abril e estivo 274 días en prisón. Padece diabetes e unha enfermidade cardíaca. A causa destes problemas de saúde, foi posto en liberdade en réxime de arresto domiciliario. Segue sen estar libre e non pode abandoar ou país para recibir a atención médica que precisa.
Tofig Yagublu, líder da oposición, está tamén en detención en espera de xuízo desde o 15 de decembro de 2023 por cargos falsos de fraude e falsificación. Entre as persoas detidas tamén están Ulvi Hasanli, Ilhamiz Guliyev, Mahammad Kekelov, Sevinj Vagifgyzy, Elnara Gasimova, Nargiz Absalamova Hafiz Babali, Imran Aliyev, Shamo Eminov, Teymur Karimov, Arshad Ibrahimov, Ibrahim Humbatov, Alasgar Mammadli, Mushfig Jabbar, Akif Gubanov, Ruslan Izzatli, Ramil Babayev Ali Zeynalov, Afiaddin Mammadov e Bakhtiyar Hajiyev.
“Para lograr un impacto realmente efectivo, a COP29 debe ser un foro para o libre intercambio de opinións e ideas, non só das delegacións estatais, senón tamén dos actores independentes da sociedade civil que son a forza impulsora da xustiza climática e os dereitos humanos, tanto no ámbito local como no internacional”, concluíu Agnès Callamard, directora xeral de Amnistía Internacional.
Fontes