Galicia
Galicia

 

 

Amnistía Internacional considera que o actual borrador de reforma da Lei de Seguridade Cidadá que se debaterá proximamente no Congreso segue supoñendo unha ameaza á protesta pacífica e a liberdade de expresión. O acordo alcanzado polos socios de Goberno non elimina nin modifica en profundidade os aspectos que supuxeron máis sancións para quen quería exercer […]

Amnistía Internacional considera que o actual borrador de reforma da Lei de Seguridade Cidadá que se debaterá proximamente no Congreso segue supoñendo unha ameaza á protesta pacífica e a liberdade de expresión.

O acordo alcanzado polos socios de Goberno non elimina nin modifica en profundidade os aspectos que supuxeron máis sancións para quen quería exercer o seu dereito para protestar pacificamente. Segundo as emendas que se aproben nos próximos días saberemos se o noso dereito para protestar seguirá amordazado no noso país, ou pola contra prevalecerá o respecto polos dereitos humanos. Por iso, leste é un momento clave para presionar e mobilizarnos para arrincar dunha vez todas as mordazas”, alertou Carlos Escano, portavoz da organización.
Así, Amnistía Internacional calcula que dende 2015 a 2019, o 70% do total de sancións en materia de seguridade cidadá impuxéronse en base a dous artigos “resistencia, desobediencia ou negativa a identificarse» (36.6) e «faltas de respecto á autoridade» (37.4). Ningún deles elimínase nin reforma na proposición de Lei que se está tramitando.
A reforma proposta polos socios de goberno tampouco elimina aspectos preocupantes para a liberdade de información como as infraccións por publicar imaxes das forzas de seguridade, nin establece un mecanismo independente de supervisión da actuación policial. Ademais, tampouco se elimina a disposición que pretendeu dar cobertura legal ás devolucións en quente nin se prohibe de maneira explícita o uso de pelotas de goma. Durante estes últimos sete anos, esta norma serviu para impoñer sancións a membros de todo tipo de movementos sociais como activistas ecoloxistas, feministas, membros de plataformas polo dereito á vivenda, así como a xornalistas que cubrían as súas manifestacións. Deste xeito, converteuse nunha forma de silenciar e dificultar o dereito á protesta.
María Ángeles Nieto, activista de Ecoloxistas en Acción, é un exemplo da inxustiza desta lei ao recibir unha multa de 600€ só por preguntarlle a un policía por que lle estaban pedindo a identificación.
Amnistía Internacional chama ao conxunto da sociedade para defender o dereito á protesta pacífica uníndose ás manifestacións convocadas en todo o país pola plataforma Non Somos Delito o vindeiro domingo día 13 co lema “Nin Lei Mordaza nin mordaza maquillada”.