En Polonia, as mulleres viven baixo un dos rexímenes máis estritos de Europa en materia de acceso ao aborto
O dereito ao aborto é un dereito humano.
É o dereito das mulleres para decidir sobre a súa propia maternidade, sobre o seu propio corpo, é a consecuencia dunha longa e intensa loita. A autonomía, saúde sexual e integridade da muller non foron un agasallo, senón unha conquista.
Unha conquista, con todo, moi fráxil.
As restricións ao aborto que estamos a presenciar en Polonia son unha gran proba diso. Poñer en dúbida o dereito da muller para decidir sobre o seu futuro, obrigala a sentirse incómoda co seu propio corpo e sexualidade e coartar a súa independencia e autonomía supoñen un gran retroceso para as nosas sociedades.
Pero, por que marcharnos tan lonxe? Lembremos que tan só fai catro anos unha muller viuse obrigada a arriscar a súa vida viaxando de Galicia a Madrid porque a sanidade galega negouse en rotundo a practicarlle un aborto de urxencia. Como consecuencia, ela perdeu o seu útero a posibilidade de ser nai biolóxica de novo. En España estivemos a piques de retroceder no ano 2016 nos dereitos relacionados coa interrupción voluntaria do embarazo de forma libre, segura e gratuíto.
Mais aquí, da mesma forma que está a pasar agora en Polonia, as protestas a pé de rúa frearon o que ata ese momento parecía inevitable. Grazas á onda de protestas que asolagou o país, o presidente polaco Andrzej Dúbida, anunciou unha nova proposta para legalizar o aborto en caso de malformación grave do feto.
Está claro que aínda queda moito por percorrer, pero está claro que cando camiñamos junt@ s as cousas cambian; as realidades transfórmanse.
Dá igual como te chames. Dá igual de onde veñas. Dá igual. Por que a túa loita, é a loita de tod@s.
Queres saber máis sobre a situación que se está a vivir en Polnia ao respecto dos dereitos sexuais das mulleres? Bota un ollo a este docu e coméntanos as túas impresións! 👇🏾
Un comentario en “Os dereitos sexuais das mulleres en xogo: restricións ao aborto en Polonia”
Comentarios cerrados.
best web development jobs to work from home in the usa
easy ways for doctors to make money online Affiliate marketing vs sponsored posts for beauty and wellness bloggers
how to earn passive income in retirement as a doctor