Galicia
Galicia

Informe: o aborto como dereito humano e os principios básicos de defensa das proveedoras de aborto

O informe de Amnistía Internacional titulado «Un movemento imparable: Chamamento global para recoñecer e protexer a quen defende o dereito ao aborto» documenta as ameazas e violacións aos dereitos humanos que enfrontan as persoas que defenden o dereito ao aborto en todo o mundo. Desta maneira, moitos activistas, profesionais da saúde, docentes e acompañantes están […]

O informe de Amnistía Internacional titulado «Un movemento imparable: Chamamento global para recoñecer e protexer a quen defende o dereito ao aborto» documenta as ameazas e violacións aos dereitos humanos que enfrontan as persoas que defenden o dereito ao aborto en todo o mundo.

Desta maneira, moitos activistas, profesionais da saúde, docentes e acompañantes están a ser obxecto de estigmatización, agresións, criminalización e intimidación, especialmente en territorios onde o aborto segue penalizado e restrinxido. Aínda que se reciben ataques, as persoas defensoras continúan desempeñando un papel crucial nesta loita, conformandote así un movemento global importante.

O informe resalta que, a pesar de avances na despenalización e liberación do aborto en países como Arxentina ou Colombia, continúan existindo barreiras legais, sociais, económicas e culturais que non permiten un acceso equitativo a este dereito. Ademais, quen se posiciona en contra do aborto impulsan políticas regresivas e campañas de desinformación que agravan a situación. Perpetuando así desigualdades aos dereitos humanos, especialmente cara ás mulleres racionalizadas, pobres, rurais e novas.

A través de testemuños de 48 persoas defensoras en 32 países, o informe pon en evidencia como estas sofren de persecución e fustrigación, ademais de violencia física e verbal e illamento profesional. De forma particular, as e os profesionais da saúde que prestan servizos de aborto moitas veces non reciben o recoñecemento como defensoras e defensores dos dereitos humanos, polo que traballan baixo ameazas constantes. Ditas agresións relaciónanse co sistema estrutural patriarcal e racista da sociedade actual.

O informe salienta en que o dereito ao aborto atópase apoiado por normas internacionais en materia de dereitos humanos, polo que os Estados teñen a obrigación de garantilo, protexendo de igual maneira a quen o defende. Esta falta de protección tanto institucional como xurídica é outra forma de violencia estrutural que obstaculiza o acceso seguro e equitativo ao aborto.

Por último, Amnistía Internacional lembra – noutro pequeno informe – algunhas recomendacións crave dirixidas aos Estado, organismos educativos, medios de comunicación, doantes e outras organizacións respecto ao aborto como dereito humano. As cales inclúen garantir o acceso seguro ao aborto, recoñecer o labor de quen o defende, erradicar a criminalización, loitar contra o estigma e asegurar un apoio financeiro e legal. 

En síntese, ambos os informes representan un chamado urxente á acción nacional e global para garantir o dereito ao aborto para todxs, reconstruír unha xustiza social, de xénero e racial equitativa, do mesmo xeito que para protexer a quen loita polos dereitos reprodutivos.