Galicia
Galicia

Aínda que a realización de abortos no sistema público ten avanzado progresivamente, a maioría dos abortos en España lévanse a cabo en centros privados, xerando desigualdade.

Debido ás recentes afirmacións proferidas en contra do dereito ao aborto e as malas espiritadas declaracións realizadas falando do Síndrome Post Aborto, dende Amnistía Internacional Galicia queremos lembrarvos que o dereito ao aborto conexa de maneira directa cunha amálgama de dereitos consagrados na Declaración Universal de Dereitos Humanos: o dereito á non discriminación, o dereito á saúde e o dereito a autonomía corporal e reprodutiva.

En España, o aborto é regulado mediante a Lei Orgánica 2/2010, reformada no 2022 coa intención de fortalecer a autonomía das decisións reprodutivas ao eliminar requisitos que dificultaban o acceso a servizos seguros. A lexislación permite a interrupción voluntaria do embarazo ata as 14 semanas sen necesidade de xustificación, e ata as 22 en caso de grave risco para a vida ou saúde da persoa ou anomalías fetais graves; garantindo así o dereito das mulleres a decidir sobre a súa autonomía reprodutiva. Ademais, dende a reforma do 2023 mellorouse significativamente a regulación da obxección de conciencia do persoal sanitario buscando que se realicen no sistema público de saúde, non comprometendo o dereito de atención médica destas mulleres. Con todo, cabe lembrar que o grupo de traballo sobre a discriminación contra as mulleres e as nenas subliñou hai apenas un ano que “nos estados que permiten a obxección de conciencia tiñen a obriga afirmativa de garantir que a invocación da obxección de conciencia non vulnere os dereitos en materia de saúde sexual e reprodutiva de mulleres e nenas”. É por isto importante resaltar que aínda que a realización de abortos no sistema público ten avanzado progresivamente, a maioría dos abortos en España lévanse a cabo en centros privados, xerando desigualdade.

Verbo do tema, de acordo co informe do Ministerio de Sanidade publicado este mes acerca da situación do aborto na sanidade pública, Galicia é unha das catro autonomías cunha proporción que demostra que nos últimos dous anos si houbo avance nesta materia. Véxase pois que, segundo o informe, nos últimos dende o 2022 a porcentaxe de abortos realizados en centros sanitarios públicos incrementou nun 35% (42,02 a 77,01). Tamén é comunicado no informe que a maioría dos abortos en España son de carácter quirúrxico, mais as catro autonomías que realizan máis do sesenta por cento das interrupción voluntarias do embarazo en centro públicos, temen unha porcentaxe main alta de abortos farmacolóxicos que de quirúrxicos. Sen embargo, catro das seis autonomías con maior tasa de abortos a nivel nacional realizan menos dun 20% dos procesos no servicio sanitario público.

Por conseguinte, cabe salientar a importancia que ten poder acceder á interrupción voluntaria do embarazo en centros públicos. Algunhas das dimensións destacadas polo Ministerio de Sanidade son: a necesidade de fuxir da doblre privatización do aborto que o mantén recluído no ámbito íntimo e o exilia aos centros sanitarios privados, diferenciándoo dos centros públicos no que se realizan todas as demais prestacións. A paradoxa de que se lles informe do proceso nun centro sanitario público para ter que acudir a un centro privado para recibir o servizo. E, aínda que non especialmente importante nun aborto realizado durante as primeiras semanas, a pérdida de continuidade do binomio embarazo-aborto resulta crucial nas interrupcións do embarazado realizadas en semanas máis avanzadas da xestación, esta ruptura despraza ás mulleres do seu lugar de atención habitual. O informe exemplifica a importancia do mantemento deste binomio na capacidade de abordar a saúde mental perinatal.

Outra cuestión son as declaracións realizadas nas últimas semanas acerca do “Síndrome Post Aborto”. Amnistía Internacional remarca encarecidamente, que non existe ningún manual diagnóstico que rexistre este “síndrome”. Nin o CIE-11 elaborado pola Organización Mundial da Saúde, nin o DSM-5 publicado pola Asociación Americana de Psiquiatría recoñecen o “síndrome post aborto”. A literatura científica é clara, non existe tal cousa. Remitíndonos á literatura existente, non hai investigacións científicamente adecuadas segundo as que o proceso do aborto teña como consecuencia a aparición de problemas de saúde mental. Por tanto, a evidencia científica indica que non existe o “síndrome post aborto”, senón que a existencia de patoloxías psiquiátricas é o factor de risco máis importante para a aparición de trastornos como a depresión despois dun aborto. De acordo con Marta Rondón nos “Resultados da Investigación sobre as consecuencias emocionais e psicolóxicas do aborto inducido” (2009), o risco de depresión é maior tras un embarazo que tras o aborto propiamente, xa que o risco de depresión está relacionado coa interrupción do proxecto vital da muller. Visto tamén no estudio realizado por Ferguson (2007) no que compara mulleres que abortaron coas que deron a luz no caso de embarazos non desexados, este estudio concluiu que as mulleres que abortaron mostraban resultados positivos na maioría das medidas que se estudaban, e, consecuentemente, maiores niveles de logros personais. Outros estudos, como o de Hammarström conclúen que máis investigación é requerida dende unha perspectiva feminista acerca das experiencias das mulleres con interrupciones voluntarias do embarazo, facendo especial fincapé no impacto que a parella ten na experiencia das mulleres no aborto. Como afirma Susan Cohen nun artículo escrito para o Guttmacher Institute, calquera efecto negativo do aborto tería provocado unha epidemia hai anos. Parece que agora o dereito ao aborto non é entre a ciencia e as anécdotas persoais, tamén o é entre a pseudociencia e a ciencia e cómo distinguir entre ambas. Non obstante, temos organismos lexítimos que podem resolver a ambivalencia e orientarnos ó respecto e no que ao aborto e a saúde mental respecta, está en consonancia, o síndrome post aborto non existe.

Referencias:

Aléx, L., & Hammarström, A. (2004). Women’s experiences in connection with induced abortion – a feminist perspective. Scandinavian Journal of Caring Sciences, 18(2), 160–168. https://doi.org/10.1111/j.1471-6712.2004.00257.x

Amnistía Internacional. Aborto en España: 5 claves para entender la legislación, derechos y desafíos actuales. (2024, septiembre 27). Amnesty.org. https://www.es.amnesty.org/en-que-estamos/blog/historia/articulo/aborto-en-espana-5-claves-para-entender-la-legislacion-derechos-y-desafios-actuales/

Cohen, S. A. (2013). Still true: Abortion does not increase women’s risk of mental health problems. Gut tmacher Policy Review, 16(2), 13–22.

Fergusson, D. M., Horwood, L. J., & Ridder, E. M. (2006). Abortion in young women and subsequent mental health. Journal of child psychology and psychiatry, and allied disciplines, 47(1), 16–24. https://doi.org/10.1111/j.1469-7610.2005.01538.x

Ministerio de Sanidad, (2025). Situación del aborto en la sanidad pública: Evolución y medidas para la accesibilidad. https://www.sanidad.gob.es/gabinetePrensa/notaPrensa/pdf/Infor071025125433270.pdf

Rondón, M. B., & PROMSEX, C. de P. y D. de los D. S. y R. (2009). Resultados de la investigación sobre las consecuencias emocionales y psicológicas del aborto inducido (1a ed.). PROMSEX, Centro de Promoción y Defensa de los Derechos Sexuales y Reproductivos.