Israel propón unha lei discriminatoria que permite a pena de morte contra palestinos
Con 39 votos a favor e 16 en contra, o Parlamento israelí aprobou en primeira lectura unproxecto de lei que permitiría aplicar a pena de morte a terroristas. Esta medidadiríxese principalmente a palestinos condenados por matar israelís, xa sexa de formaintencionada ou imprudente se o acto está motivado por racismo ou hostilidade contra apoboación e […]
Con 39 votos a favor e 16 en contra, o Parlamento israelí aprobou en primeira lectura un
proxecto de lei que permitiría aplicar a pena de morte a terroristas. Esta medida
diríxese principalmente a palestinos condenados por matar israelís, xa sexa de forma
intencionada ou imprudente se o acto está motivado por racismo ou hostilidade contra a
poboación e se cometeu co obxectivo de danar ao Estado de Israel ou ao renacemento
do pobo xudeu.
Impulsada por Itamar Ben Gvir, esta lei require dúas lecturas máis antes de constituirse
coma lei. O seu artífice, líder ultranacionalista de Poder Xudeu, foi condenado en 2007
por incitación racista e ten suscitado críticas por lanzar ultimatos sobre Gaza, que inclúen
ameazar coa retirada do seu partido da coalición gobernativa se este controvertido
proxecto de lei non se sometía a votación.
O comité de seguridade de Israel explicou nunha declaración que o propósito da lei é
cortar o terrorismo de raíz, creando un forte efecto disuasorio. Isto é unha falacia ad
populum utilizada ao longo dos anos para xustificar a pena de morte malia ser contradito
polos datos obtidos en múltiples investigacións. Nun estudo realizado polos presidentes
pasados e coetáneos das sociedades académicas de criminoloxía máis prestixiosas dos
Estados Unidos, o 84% dos expertos rexeitou a noción de que a pena de morte prevén
asasinatos (Radelet e Akers, 1996). Na mesma liña, unha mesa redonda celebrada no
ámbito das Nacións Unidas sobre a cuestión da pena de morte, indicou que non había
probas que sustentasen a afirmación de que a pena de morte ten un efecto disuasorio que
reduce a delincuencia. Por outro lado, e como xa elaborou Amnistía en 2021 no seu
documento acerca dos presuntos efectos disuasorios da pena de morte, a ameza de
execución non é unha estratexia eficaz á hora de previr actos terroristas, as persoas
dispostas a cometer actos de violencia a gran escala para aterrorizar a unha sociedade
teñen pouca ou ningunha consideración pola súa propia seguridade. Destacaba tamén que
as execucións dese tipo de persoas dan publicidade aos grupos aos que pertencen e crean
mártires. Non hai xustificación á pena de morte que non teña sido desmentida.
En resposta á aprobación desta nova reforma da lexislación penal de Israel, Erika
Guevara Rosas, directora xeneral de Investigación, Incidencia, Política e Campañas de
Amnistía Internacional, declarou:
Non hai xeito de suavizar este asunto; unha maioría conformada por 39 membros da
Knéset (Parlamento israelí) aprobou en primeira lectura un proxecto de lei que na
práctica obriga aos tribunais para impoñer a pena de morte unicamente a persoas
palestinas. Aínda que o texto do proxecto de lei non sinala especificamente á poboación
palestina, o elemento mental requirido para o delito en cuestión indica que as súas
principais vítimas van ser persoas palestinas, incluídas aquelas que cometesen os delitos
punibles antes da promulgación da lei.
Guevara Rosas afirma ademáis que:
Os membros da Knéset deberían estar a traballar para abolir a pena de morte, non para
ampliar a súa aplicación. A pena de morte constitúe a forma máis extrema de pena cruel,
inhumana e degradante e unha negación irreversible do dereito á vida. Non debería
impoñerse en ningunha circunstancia, e menos aínda empregarse como arma e como
ferramenta manifestamente discriminatoria de homicidio, dominación e opresión
autorizadas polo Estado. A súa imposición obrigatoria e a súa aplicación retroactiva
violarían as prohibicións claras establecidas no dereito e as normas internacionais de
dereitos humanos sobre o uso deste castigo.
Lembra tamén que:
O cambio que require aos tribunais impoñer a pena de morte a persoas palestinas supón
un perigoso e dramático retroceso e é produto da actual impunidade do sistema de
apartheid de Israel e do seu xenocidio en Gaza. Non é espontáneo. Proponse nun contexto
de forte aumento da cifra de homicidios ilícitos de persoas palestinas —incluídos actos
que constitúen execución extraxudicial— durante o último decenio, e dun espantoso
incremento das mortes baixo custodia de persoas palestinas desde outubro de 2023. Eses
actos non só gozaron dunha impunidade case total, tamén foron lexitimados, apoiados e,
en ocasións, glorificados. A modificación proponse ademais nun clima de incitación á
violencia contra a poboación palestina, como quedou de manifesto co aumento dos
ataques de colonos apoiados polo Estado na Cisxordania ocupada.
É importante non esquecer que, como informa a directora xeneral de Investigación,
Incidencia, Política e Campañas de Amnistía Internacional:
Resulta preocupante que a lexislación autorice aos tribunais militares a ditar condenas á
morte contra civís —cuxa pena non pode ser conmutada—, especialmente dado o
carácter inxusto dos xuízos celebrados ante eses tribunais, que teñen un índice de
sentenzas condenatorias de máis do 99% contra as persoas palestinas acusadas.
Sobre o papel, tradicionalmente a lexislación israelí restrinxiu o uso da pena capital a
crimes excepcionais, como o xenocidio e os crimes de lesa humanidade, e a última
execución ordenada por un tribunal levou a cabo en 1962.
De ser aprobado, este proxecto de lei non só situará a Israel contra a tendencia mundial
de abolir o uso da pena de morte, senón tamén contra o obxectivo declarado de abolición
consagrado nun tratado internacional clave ratificado polo país en 1991.
Destaca tamén Erika Guevara que:
O feito de que este proxecto de lei estipule que os tribunais deben impoñer a pena de
morte ás persoas declaradas culpables de asasinato por motivos nacionais coa intención
de ‘danar ao Estado de Israel ou ao renacemento do pobo xudeu’ non é máis que outra
manifestación evidente da discriminación institucionalizada de Israel contra a poboación
palestina, un piar fundamental do sistema de apartheid israelí, na lei e na práctica.
A comunidade internacional debe exercer a máxima presión sobre o goberno israelí para
que retire inmediatamente este proxecto de lei e eliminar todas as leis e prácticas que
contribúen ao sistema de apartheid contra a poboación palestina. As autoridades deben
garantir que as persoas palestinas presas ou detidas reciben un trato que se axuste ao
dereito internacional —que inclúe a prohibición da tortura e outros malos tratos—, e que
gozan das garantías de xuízo xusto. As autoridades tamén deben adoptar medidas
concretas encamiñadas a abolir a pena de morte por todos os delitos e para todas as
persoas.
Esta lei proponse ás costas dun acordo de alto ó fogo que pausaba temporalmente as
accións militares e aseguraba unha victoria territorial dun estado xenocida. Esta lei forma
parte dunha nova multitude de medidas, que si quizais menos directas, seguen a perseguir
a desaparición do Estado Pasletino. Este alto ao fogo, ofrece ampla discreción a Israel
para a alegación de violacións e retoma de operacións militares, facendo así que ante
calquera violación, real ou inventada, exista xustificación para continuar a guerra baixo
unha cobertura sancionada internacionalmente. Consecuentemente, dende que se asinou
este acordo o día 10 de outubro, Israel segue a matar a palestinos. Levando a cabo
ataques que Israel afirma son puntuais e describe como intentos de reorganización e
rearme. Convén incidir no feito de que este non é o único compromiso que Israel non
ten cumprido: ademáis de ataques que non dan cesado, mantén pechado o paso de Rafah
e entran menos camións dos asinados e Cisxordania vive un repunte de violencia por
parte de tropas israelís. En definitivo, o xenocidio non parou co asinado do acordo e a
imposición de medidas legais que permitan continuar a opresión sobre o pobo palestino
mediante discriminación lexislada só representará unha maneira lexitimada de continuar
co exterminio sistemático dos cidadáns palestinos.
En conclusión, esta lei atenta contra os Dereitos Humanos e lexisla directamente en
contra de tratados internacionais asinados polo Estado de Israel. En adición, este
proxecrto de lei é discriminatorio e unha tentativa de continuación legal da dominación
opresiva de Israel sobre Palestina. Unha nova metodoloxía no apartheid que Israel ven
levando a cabo con impunidade cunha inédita tintura de legalidade. Amnistía
Internacional oponse vehementemente á pena de morte en todos os casos sen excepción.
REFERENCIAS:
Amnistía Internacional. (n.d.). ¿Tiene efectos disuasorios la pena de muerte? La realidad, avalada por
datos.
Disuasión. (2019, May 9). Death Penalty Information Center.
John J. Donohue and Justin Wolfers, (2006, April). The Death Penalty: No Evidence for Deterrence.
Economists Voice. Michael L. Radelet and Ronald L. Akers, Deterrence and the Death Penalty: The Views of the Experts, 87 J. Crim. L. & Criminology 1 (1996).
Oficina del Alto Comisionado para los Derechos Humanos. (2021, August). Mesa redonda de alto nivel
sobre la cuestión de la pena de muerte. UNDOCS.
