Cinco medidas para acabar con 11 anos de mordazas.
Seguiremos traballando ata eliminar os aspectos máis lesivos da Lei Mordaza, esixido o respecto pleno aos dereitos humanos en España. Acabemos coas mordazas e basta de controis policiais racistas!
Hoxe 30 de marzo de 2026 cúmprense 11 anos da aprobación da Lei de Protección da Seguridade Cidadá, coñecida como Lei Mordaza polas restricións impostas ao exercicio de dereitos e liberdades fundamentais.
Reclamamos que se desbloquee a tramitación parlamentaria da modificación de Lei Mordaza no Congreso dos Deputados e esiximos que inclúa estas cinco medidas:
- A prohibición dos controis policiais racistas. Debe establecerse o uso de formularios de parada que recollan datos desagregados, razóns obxectivas e resultados das identificacións, garantindo a súa publicación e transparencia
- A eliminación do rexeitamento en fronteira. Debe garantirse o acceso a vías legais e seguras de protección internacional, asistencia letrada e avaliación individualizada dos casos.
- Evitar a interpretación arbitraria por parte dos axentes dos corpos e forzas de seguridade das infraccións máis lesivas para a protesta, como os artigos de «desobediencia» e «faltas de respecto» (art. 36.6 e 37.4), que son inaceptables.
- A supresión do artigo 36.23, que sanciona o uso de imaxes da policía, limitando a documentación de abusos e a liberdade de información, así como a prohibición dos controis policiais racistas.
- Unha regulación transparente do uso de material antidisturbios, garantindo mecanismos de rastrexabilidade e control efectivo, así como de rendición de contas, e a prohibición dos controis policiais racistas.
Amnistía Internacional e o resto das organizacións da sociedade civil seguiremos traballando ata eliminar os aspectos máis lesivos da Lei Mordaza, esixindo o respecto pleno aos dereitos humanos en España. Acabemos coas mordazas e basta de controis policiais racistas!
Decálogo polo fin das redadas racistas:
A Lei Mordaza debe reformarse para acabar coas identificacións policiais baseadas no perfil racial. Tamén reclamamos formularios de parada para acabar con esta práctica. Estas son nosas 10 esixencias 👇
1️⃣ Prohibición legal expresa do elaboración de perfís raciais:
A lei debe prohibir claramente as identificacións policiais baseadas no perfil racial ou étnico.
A igualdade ante a lei non é negociable.
2️⃣ Definición clara de perfil racial:
Debe establecerse que é unha identificación discriminatoria no artigo 16 da Lei de Seguridade Cidadá: calquera actuación baseada na cor de pel, orixe, relixión ou trazos físicos.
Sen ambigüidades.
3️⃣ Formularios de parada obrigatorios:
Cada identificación debe ir acompañada dun formulario entregado á persoa identificada con:
✔ Motivo concreto
✔ Nº de axente
✔ Data e lugar
✔ Resultado
Implementación dos formularios de parada pola policía XA!
4️⃣ Rexistro e datos desagregados:
Os formularios deben integrarse nun sistema que permita detectar patróns discriminatorios.
O que non se mide, non se corrixe.
5️⃣ Supervisión independente:
Un mecanismo externo debe analizar os datos e investigar denuncias de perfil racial.
Sen control externo, non hai garantías.
#ParemosORacismo
6️⃣ Formación en dereitos humanos:
As forzas de seguridade deben recibir formación obrigatoria e continua en igualdade e non discriminación.
A seguridade tamén é respectar dereitos.
7️⃣ Mecanismos de denuncia accesibles:
As vítimas deben poder denunciar sen medo a represalias.
O acceso á xustiza debe ser real.
8️⃣ Participación da sociedade civil:
Os colectivos antirracistas, entidades de dereitos humanos e polos dereitos das persoas migrantes e as comunidades afectadas deben formar parte da avaliación da lei.
Nada sobre nós sen nós.
9️⃣ Reparación para as vítimas:
Recoñecemento e reparación efectiva para quen sufriu identificacións discriminatorias.
O racismo estrutural e a discriminación institucional tamén deixa feridas.
🔟 Transparencia e rendición de contas
Publicación periódica de datos e avaliacións de impacto.
A impunidade non pode ser política pública.
✊ A seguridade non pode discriminar segundo a cor da pel. As redadas racistas non protexen: discriminan. É hora de reformar a lei e establecer medidas efectivas que garantan a igualdade. Únete ao Manifesto e comparte. #ParemosORacismohttps://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSetoRn73GdnHpTwdkkyJd_fhXutj0iFZKIQ9fQlgqGyW2lvEg/viewform
