Entrega de premios do III Concurso de Microrrelatos do Grupo do Barbanza
Esta edición do Concurso de Microrrelatos presentouse anómala debido a situación sanitaria que vive o noso país, así como o resto do mundo. Non obstante, isto non foi impedimento para que os alumnos e alumnas da zona participaran e amosaran o seu talento literario, unha vez máis. Dende Amnistía Internacional queremos agradecer o esforzo realizado […]
Esta edición do Concurso de Microrrelatos presentouse anómala debido a situación sanitaria que vive o noso país, así como o resto do mundo. Non obstante, isto non foi impedimento para que os alumnos e alumnas da zona participaran e amosaran o seu talento literario, unha vez máis.
Dende Amnistía Internacional queremos agradecer o esforzo realizado por docentes, pezas insubstituíbles e referentes para os nosos estudantes. Tamén merece mención especial o xurado, que decidiu colaborar desinteresadamente con esta organización para poder levar a cabo outro ano máis este certame literario. Por último, celebramos a ampla participación acadada e resaltamos o traballo realizado por cada un deles.
En especial, os nosos gañadores. O xurado premiou a creación de Carme Sarasquete (Colexio Bayón) na categoría 14-16 anos, e tamén de Marcos Fernández (Colexio Sagrado Corazón de Jesús), na categoría 12-13 anos. Por outra banda, da votación realizada na páxina de Facebook do Grupo do Barbanza saíron outros dous gañadores: Miguel Tubío (Colexio Sagrado Corazón de Jesús) na categoría 14-16 anos e Simón Boo (IES Nº1) na categoría 12-13 anos. Catro estudantes que desbordan talento. Parabéns a todos eles. Vémonos na próxima edición.