Galicia
Galicia
Informe pena morte

As execucións por pena de morte descenden en 2018 a escala mundial aínda que a cifra mundial supera os 690 casos

As execucións reducíronse nun 31% pero aumentaron en países coma Estados Unidos, Xapón, Bielorrusia, Singapur e Sudán do Sur. China oculta os seus datos ao consideralos un secreto de Estado.

O informe global sobre pena de morte realizado por Amnistía Internacional recolle que as execucións en 2018 disminuiron case un tercio en todo o mundo, alcanzando a cifra máis baixa desde fai, polo menos, unha década. As estatísticas contabilizan as execucións das que se tivo noticia a nivel mundial, coa excepción de China. Amnistía Internacional non puido acceder ás súas cifras -presumiblemente varios miles- xa que son clasificadas como secreto de Estado.

A cifra mundial de execucións por pena de morte en 2018 foi de 690 (como mínimo). No ano anterior contabilizáranse 993 execucións. Entre os países nos que máis descenderon este tipo de penas destaca Irán (baixou un 50% tras a reforma da súa lexislación antidrogas), así coma Iraq, Pakistán e Somalia.

Restauración da pena de morte

Non todo foron boas noticias. AI detectou un aumento das execucións  en Bielorrusia, Estados Unidos, Xapón, Singapur e Sudán del Sur. Ademais, Tailandia realizou  a súa primeira execución desde 2009 e en Sri Lanka o presidente Maithripala Sirisena manifestou a súa su intención de reanudar as execucións tras un parón de máis de 40 anos. 

 

Informe pena de morte

Principais executores do mundo

China segue sendo o principal executor do mundo, aínda que se descoñece a verdadeira magnitude xa que as cifras de pena de morte están clasificadas como un secreto de Estado. Amnistía Internacional cre que neste país execútanse a miles de persoas cada ano.

Nun xesto sen precedente as autoridades de Vietnam publicaron as súas cifras de sentencias con pena de morte, admitindo un mínimo de 85. Este saldo fai que figure entre os cinco países con maior execucións: China (miles),  Irán (polo menos 253), Arabia Saudí (149), Vietnam (polo menos 85) e Iraq (un mínimo de 52).

En retroceso

As cifras de 2018 demostran que a pena de morte está claramente en retroceso e que se están a tomar medidas efectivas para por fin a este cruel e inhumano castigo. Por exemplo, Burkina Faso adoptou en xuño un novo Código Penal que abolía a pena capital. Pola súa banda Gambia e Malasia declararon sendas moratorias das execucións e en outubro o estado de Washington, nos Estados Unidos, declarou incostitucional a pena de morte.