Galicia
Galicia
0
Concurso Agora Véxote

IV Concurso de Microrrelatos e Haikus da Rede de Escolas de Amnistía Internacional Coruña

A Rede de Escolas de Amnistía Internacional Coruña convoca o IV Concurso de Microrrelatos e Haikus Xuvenil baixo o lema “Agora véxote”, sobre o impulso na visibilidade da loita feminista que está a ter lugar nos últimos tempos.

Este concurso literario ten como obxectivo fomentar a defensa dos dereitos humanos entre o alumnado de educación secundaria, centrándose, nesta edición, na maior visibilidade que está a acadar actualmente a loita feminista, exemplo paradigmático dunha loita de séculos que hoxe serve como modelo para todas as outras loitas polos dereitos humanos.

Este ano establécense tres categorías, introducindo a novidade da categoría de haikus para as autoras e os autores máis novos:

 

A.- Haikus de autoras e autores con idades comprendidas entre 12 e 13 anos.

 

B.- Microrrelatos de autoras e autores con idades comprendidas entre 14 e 16 anos.

 

C.- Microrrelatos de autoras e autores con idades comprendidas entre 17 e 21 anos.

 

Os microrrelatos deberán ser orixinais e inéditos, cunha extensión máxima de 250 palabras, sen incluír o título, e poderán redactarse en galego ou castelán. O alumando participante pode enviar os seus textos antes do 17 de febreiro ao enderezo acoruna@es.amnesty.org, indicando o seu nome e apelidos, idade, centro escolar, correo electrónico, teléfono de contacto e título do microrrelato ou haiku.

 

As persoas premiadas recibirán un cheque por valor de 100 € para empregar nunha librería da Coruña e un regalo de Amnistía Internacional.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *