Galicia
Galicia
0
Exposición Diversidade e tolerancia

Unha treintena de artistas colaboran na exposición “Tolerancia e diversidade”

Artistas de diferentes disciplinas como a Fotografía, Pintura e Escultura colaboran de maneira desinteresada nunha iniciativa do Grupo Local de AI A Coruña para concienciar sobre os DDHH.
A mostra colectiva inaugurarase o día 11 de novembro ás 19.00 horas na sala de exposición do Colexio Médico.

Unha treintena de artistas de diferentes disciplinas colaboran de maneira desinteresada na exposición “Tolerancia e Diversidade” a favor de Amnistía Internacional. A mostra inaugurarase o luns 11 de novembro ás 19.00 horas e poderase visitar na sala de exposicións do Colexio Médico da Coruña ata o 27 de novembro.

Á inauguración acudirá o presidente de Amnistía Internacional Galicia, Jonathan Domínguez, que intervirá xunto á coordinadora de AI A Coruña, Margarita González. Tamén asistirán unha representación dos artistas e activistas tanto da ONG organizadora como de outras que traballan na cidade e os músicos José Luis Yepez (guitarra), Félix Cons, Sapoconcho (voz) e Xosé Taboada (acordeón e saxo).

Cada un e cada unha das artistas aceptaron doar unha das súas obras, vinculadas aos DDHH e, en concreto, á Tolerancia e á Diversidade, que se poderán adquirir por un prezo único de 200€/unidade. A recadación será para a loita polos Dereitos Humanos que a diario desenvolve Amnistía Internacional.

“Tolerancia e Diversidade” pretende ser un recordatorio da importancia do respecto aos DDHH, nunha “época na que os Gobernos non adoitan manifestar unha especial preocupación pola súa observancia e mesmo moitos deles vulnéranos aberta e conscientemente. Os valores de tolerancia e respecto á diversidade, que cimentan os dereitos inalienables das persoas, parecen ausentes ás veces ante determinados conflitos que xorden na sociedade actual en relación coa inmigración, a violencia de xénero, a diversidade funcional, a liberdade de expresión, os dereitos do colectivo LGTBI, as minorías e moitos outros”, explican desde Amnistía Internacional A Coruña.

Para incidir na importancia de loitar por estes valores e o respeto aos DDHH, o sábado 16 de novembro ás 12.30 horas, lerase a Declaración Universal de Dereitos Humanos en 17 idiomas, con motivo do  Día da Tolerancia.

ARTISTAS COLABORADORES/AS:

FERNANDO F. PÁEZ
RAÚL ÁLVAREZ
HÉCTOR FRANCESCH
CARMEN SUÁREZ
ALI ALI
JESÚS CUBILLO
NACHO MARTÍNEZ
CARLOS BOTANA
MERCEDES MORALES
CHELO FACAL
GOSIA TREBACZ
A FLAIRA
ROKE ARMAS
NENA VENTURA
NACHO ROMERO
MOHAMED SAID HAMDAD
ALFREDO VARELA
CARLOS DE PAZ
SANDRA GARCÍA REY
JOSÉ CARUNCHO
JOSÉ NAVAS NOVAS
ELCHANO
XOÁN PIÑÓN
ALFONSO CAPARRÓS ESPERANTE
ANA BARRANCO
JANO MUÑOZ
DANIEL REMESEIRO
XOSÉ ABAD
JOSÉ IGNACIO PARDO PEDROSA
ALBERTO FRANCO

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *