Galicia
Galicia
  • Nunha época en que a desigualdade, a inxustiza e o discurso de odio parecen predominar máis ca nunca en todo o planeta, non sería reprochable pensar que 2019 ten sido un mal ano para os dereitos humanos. Non obstante, tamén houbo algúns logros importantes. Activistas de todo o mundo mobilizáronse para dar un paso adiante e loitar en favor dos dereitos humanos, e grazas ao seu infatigable traballo de campaña conseguimos avances sorprendentes. Resumímosche o ano nalgúns avances que dan esperanza.