Publicación do informe anual sobre condenas a morte e execucións de 2022
O recentemente publicado informe anual de Amnistía Internacional sobre condenas a morte e execucións examina a aplicación xudicial da pena de morte durante o período comprendido entre xaneiro e decembro de 2022. Algúns dos datos máis relevantes do devandito documento son os seguintes: En efecto, no que atinxe as grandes tendencias mundiais detalladas no informa cabe subliñar […]
O recentemente publicado informe anual de Amnistía Internacional sobre condenas a morte e execucións examina a aplicación xudicial da pena de morte durante o período comprendido entre xaneiro e decembro de 2022. Algúns dos datos máis relevantes do devandito documento son os seguintes:
- En 2022 houbo o maior número de execucións xudiciais rexistradas en todo o mundo desde 2017.
- 81 persoas executadas nun só día en Arabia Saudita.
- Tívose noticia de execucións levadas a cabo en 20 países polo menos.
- 6 países aboliron a pena de morte total ou parcialmente.
En efecto, no que atinxe as grandes tendencias mundiais detalladas no informa cabe subliñar que houbo un aumento significativo de persoas executadas por delitos de drogas, ao mesmo tempo que o número xeral de execucións documentadas
De maneira máis detallada, en 2022 levaron a cabo polo menos 883 execucións, fronte ás 579 que, como mínimo, se consumaran en 2021, o que supón un incremento do 53%. É o segundo ano consecutivo no que Amnistía rexistra un aumento no número das execucións e iso que hai que ter en conta o hermetismo de varios países como Vietnam, Corea do Norte ou China, onde estes datos están clasificados como secreto de estado. Tres países — Arabia Saudita (196), Exipto (24) e Irán (polo menos 576)— foron responsables do 90% de todas as execucións coñecidas. Por outra banda, outra gran tendencia mundial que detalla o informe é o aumento significativo de persoas executadas por delitos de drogas.
Ademais, Amnistía Internacional documentou execucións en 20 países fronte aos 18 de 2021. O forte aumento das execucións coñecidas en todo o mundo en 2022 debeuse sobre todo ao significativo incremento documentado na rexión de Oriente Medio e o Norte de África, onde o número de execucións rexistradas aumentou un 59%: de 520 en 2021 a 825 en 2022. Un 93% das execucións documentadas no mundo (excluída China) en 2022 leváronse a cabo na rexión de Oriente Medio e o Norte de África. Das 825 execucións rexistradas nesta rexión, o 94% tiveron lugar en Irán (70%) e Arabia Saudita (24%), dous países que executan habitualmente a persoas tras xuízos inxustos e onde se rexistrou un forte aumento das execucións en 2022.
Tras unha paréntese de varios anos, renováronse as execucións en cinco países: Afganistán, Kuwait, Myanmar, Palestina e Singapura. Doutra banda, tan só tres países — Botsuana, Emiratos Árabes Unidos e Omán— que levaron a cabo execucións en 2021 non executaron a ninguén en 2022. Con respecto aos modos de execución máis empregados en 2022 cabe destacar o uso da arma de lume, a inxección letal, o aforcamento e a decapitación (soamente presente en Arabia Saudita).
Con respecto a condenas a morte, o número total das mesmas rexistradas por Amnistía Internacional en 2022 diminuíu lixeiramente con respecto á cifra global de 2021. Ditáronse polo menos 2.016 novas condenas á morte, fronte a polo menos 2.052 en 2021, isto sen contar cos datos de Nixeria nin Sri Lanka. Durante o ano confirmouse a imposición de condenas á morte en 52 países, 4 menos que en 2021, cando, segundo os datos, foron 56 os países que impuxeron esta pena.
O uso da pena de morte segue rodeado de segredo en varios países, entre eles China, Corea do Norte e Vietnam, o que significa que a cifra global real é moito maior. Aínda que se descoñece o número preciso de persoas executadas en China, é evidente que o país seguiu sendo o país que máis execucións leva a cabo no mundo, por diante de Irán, Arabia Saudita, Exipto e Estados Unidos. Non obstante os retrocesos documentados, houbo avances notables contra a pena de morte en 2022. Non hai dúbida de que o mundo seguiu afastándose dela e só unha minoría de países —cada vez máis illados— usárona activamente. Seis países aboliron a pena de morte total (Kazajistán, Papúa Nueva Guinea, República Centroafricana e Serra Leoa) ou parcialmente (Guinea Ecuatorial e Zambia) en 2022.