Vulneracións de dereitos humanos: sobre a DINA de 2024
A catástrofe que tivo lugar na Comunidade Valenciana o 29 de outubro de 2024 resultou en choivas torrenciais que desbordaron ríos e barrancos, o cal tivo graves consecuencias na vida das persoas residentes da Comunidade: a devastación de cidades e fogares afectaron todas as esferas da vida humana. Por iso, o recente informe de Amnistía […]
A catástrofe que tivo lugar na Comunidade Valenciana o 29 de outubro de 2024 resultou en choivas torrenciais que desbordaron ríos e barrancos, o cal tivo graves consecuencias na vida das persoas residentes da Comunidade: a devastación de cidades e fogares afectaron todas as esferas da vida humana. Por iso, o recente informe de Amnistía Internacional sobre a Depresión Illada en Niveis Altos (DINA), titulada “Tengo pesadillas en las que suena esa alarma”, documenta tanto os feitos meteorolóxicos como as numerosas vulneracións de dereitos humanos xurdidos a partir da feble resposta por parte das institucións correspondentes.
Devandito informe incide en que foi a provincia de Valencia a máis afectada, debido á intensidade das choivas e a forte persistencia destas. Nalgúns municipios como Turís lográronse rexistrar ata 772 mm de precipitacións nun rango de 24 horas, mentres que o barranco do Poio rexistrou caudais de 2.282 m3/s, previamente a que o sensor fallase.
Estes desastres resultaron en 235 vítimas mortais, sendo 227 só na Comunidade Valenciá. De igual maneira, outras cidades como Paiporta e Catarroja, rexistraron deceas de vítimas mortais. En canto ao material, polo menos 140.000 vehículos foron arrastrados e 1.656 fogares declaráronse como non habitables.
A pesares da clara necesidade dunha solución eficaz e integral, no informe contémplase a tardanza na emisión da alerta ES-Alert, que foi enviada ás 20:11pm. Nese momento, xa se presentaban 28 vítimas mortais. Ademais, para ese entón varias rúas e vivendas estaban asolagadas, o que dificultaba a evacuación segura.
Por temor a xerar caos, as autoridades dubidaron sobre a mensaxe masiva e activar o CECOPI -sinala a xuíza de instrución de Catarroja- a pesares de ter información suficiente desde horas anteriores.
No informe de AI, denúnciase o impacto de maneira desproporcionada a persoas maiores e con discapacidade debido á falta de información temperá. Sendo así que o 48% das vítimas na Comunidade tiñan máis de 70 anos, e nalgúns municipios estas persoas estaban situadas en plantas baixas, co cal non puideron evacuar a tempo. No caso das persoas con discapacidade, tiveron que enfrontarse a unha falla de accesibilidade en refuxios, consecuencia da desprotección institucional, que ademais non conta con datos desagregados sobre discapacidade entre as vítimas.
Cabe resaltar que a DINA de 2024 é un exemplo claro de como o cambio climático está a aumentar a frecuencia e a severidade de fenómenos meteorolóxicos similares. Polo tanto, é urxente reformular os protocolos e políticas en materia de urbanismo e vivenda, pero tamén de aseguramento para facer énfase nas compañías de seguros.
Amnistía Internacional recalca a obriga dos Estados de aplicar medidas preventivas eficaces coa finalidade de protexer o dereito á vida. Estas fallas que detectaron na resposta á DINA representan vulneracións directas de dereitos humanos. Finalmente, o informe conclúe en que a falla de información e a pouca coordinación institucional/estrutural vulneraron o dereito á integridade física, á vivenda, o dereito á vida, entre outros dereitos fundamentais.
En síntese, o informe comunica que resulta imprescindible recoñecer a catástrofe como unha crise de dereitos humanos, polo que é importante esixir xustiza pola memoria das vítimas e o sufrimento das persoas sobrevivintes, ademais de reforzar a formación e coordinación institucional, establecer bos sistemas de evacuación e refuxios, asegurar unha información adaptada a toda a poboación e traballar dende unha perspectiva de respecto cara aos dereitos humanos e o ecosistema.
Fontes:
- Informe de Amnistía Internacional: Tengo pesadillas en las que suena esa alarma (2025).
- https://www.es.amnesty.org/en-que-estamos/noticias/noticia/articulo/una-respuesta-institucional-negligente-provoco-una-grave-vulneracion-de-los-derechos-humanos-de-miles-de-personas/
