Galicia
Galicia
0
Aleida Quintana de xira por Galicia

A activista mexicana Aleida Quintana visita Galicia

A defensora dos dereitos humanos estará na nosa comunidade do 20 ao 24 de febreiro. No seu país realiza realizaba traballos de acompañamento e bases de datos de familias de persoas desaparecidas, vítimas de trata ou feminicidos.

Aleida Quintana é unha antropóloga social coordinadora de T’ek’ei Grupo Interdisciplinario por la Equidad, unha organización que acompaña a familias de persoas desaparecidas, vítimas de trata, explotación sexual, crime organizado, matrimonio forzoso, feminicidios… no estado mexicano de Querétano. Do 20 ao 24 de febreiro estará de xira por Galicia invitada por Amnistía Internacional; será unha oportunidade única para coñecer de primeira man esa situación grave de violación dos dereitos humanos e os seus esforzos para que non sexan silenciados.

Quintana está acollida ao Programa de “Protección de Defensoras y Defensores en riesgo” de Amnistía Internacional xa que o seu traballo fixo que sufrira varias agresións e ameazas en México.

A activista mexicana impartirá varias conferencias sobre feminicidios e desaparicións de mulleres en México.

  • Mércores, 20 de febreiro, Santiago: Tras un encontro con xornalistas reunirase con asociacións sociais e de mulleres para rematar cunha charla na Facultade de Filosofía (19horas).
  • Xoves, 21 de febreiro, Ribeira: Encontro con alumnado do instituto Leliadoura (12 horas). Pola tarde (20 horas), conferencia no Auditorio Valle Inclán de A Pobra do Caramiñal (en colaboración coa asociación feminista Mulleres en Acción).
  • Venres, 22 de febreiro, Lalín: conferencia no instituto (12 horas). Xa pola tarde estará na Biblioteca Municipal de Marín (20 horas).
  • Sábado, 23 de febreiro, Pontevedra: asistencia á II Asemblea de AIG no Teatro Principal. Ás 17 horas conferencia no Pazo da Cultura.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *