Galicia
Galicia
0

Amnistía Internacional Galicia pide garantías para exercer o dereito á protesta pacífica na folga xeral do 11N e reclama á Xunta catro medidas urxentes sobre vivenda

O luns 9 de novembro e co gallo da convocatoria da folga xeral do mércores 11 de novembro, Amnistía Internacional Galicia pediu ao Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e aos Subdelegados do Goberno en Pontevedra, A Coruña, Lugo e Ourense, que protexan o dereito á protesta pacífica no contexto das mobilizacións da Folga Xeral […]

O luns 9 de novembro e co gallo da convocatoria da folga xeral do mércores 11 de novembro, Amnistía Internacional Galicia pediu ao Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e aos Subdelegados do Goberno en Pontevedra, A Coruña, Lugo e Ourense, que protexan o dereito á protesta pacífica no contexto das mobilizacións da Folga Xeral do 11 de novembro ante a preocupación polo incremento e reiteración de cargas policiais desproporcionadas contra manifestacións pacíficas tanto en Galicia como en diversos puntos de España. Igualmente, esixiu á Conselleira de Vivenda da Xunta un plan con perspectiva de xénero de vivenda social para triplicar o obxectivo da Xunta de 10.000 vivendas sociais para 2030 con fórmulas máis áxiles que nova construción, un plan para acabar co chabolismo e a infravivenda e garantías de acceso a vivenda para as persoas afectadas por procedementos xudiciais de desafiuzamento.

As Forzas e Corpos de Seguridade teñen o deber de respectar, facilitar e protexer o dereito á protesta pacífica, incluídas as accións de desobediencia civil pacífica. As autoridades deben asegurar que as mobilizacións poidan celebrarse sen limitacións indebidas, absténdose do recurso á forza ilexítima e garantindo que a actuación policial actúe para facilitar a protesta pacífica, e non como un elemento disuasorio ou represivo da mobilización cidadá.

Nunha carta remitida onte luns ás autoridades, Amnistía Internacional reclamou tamén que a policía respecte as normas internacionais sobre o uso da forza e non empregue en ningún caso pelotas de goma, polo risco de causar lesións graves e por seren armas indiscriminadas e imprecisas. Igualmente, reclamou que calquera denuncia de abusos policiais como uso excesivo da forza ou outras prácticas ilegais sexan obxecto dunha investigación independente a fondo e se garanta a protección das persoas que denuncien.

Amnistía Internacional enviou tamén outra carta a a María Martínez Allegue, Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta de Galicia nun contexto no que o acceso a unha vivenda digna e axeitada continúa sendo unha das principais preocupacións sociais en Galicia.

A Xunta, como administración pública con competencias na materia, debe adoptar medidas urxentes, eficaces e ambiciosas para garantir o dereito humano á vivenda, con especial atención ás persoas e colectivos en situación de maior vulnerabilidade.

Por esta razón Amnistía Internacional solicitou unha reunión coa conselleira para pedirlle catro medidas:

– Triplicar o obxectivo da Xunta de 10.000 vivendas sociais para 2030 para achegarse á media estatal ampliada do 3,5% do parque total para vivenda social mediante fórmulas máis áxiles que a promoción de nova construción, dando prioridade á adquisición de vivendas xa existentes no mercado.

– Establecer un calendario e un obxectivo anual medible de incremento do parque de vivenda social para acadar a media europea do 15% do parque de vivenda social, asegurando a súa distribución equilibrada en distintos municipios co fin de evitar a concentración xeográfica e evitar a segregación espacial.

– Un plan con perspectiva de xénero para a erradicación do chabolismo e a infravivenda e asegurar o acceso a unha vivenda alternativa alcanzable para as persoas afectadas por procedementos xudiciais de desafiuzamento. – Medidas contra o racismo e a discriminación inmobiliaria.

https://blogs.es.amnesty.org/galicia/ai-login
https://blogs.es.amnesty.org/galicia/ai-login

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *