II Asemblea de Amnistía Internacional Galicia
Pontevedra será a sede da II Asamblea autonómica de Amnistía Internacional Galicia (AIG). A cita é o próximo 23 de febreiro no Teatro Principal de Pontevedra e nela están convocadas a participar tódalas persoas asociadas na nosa comunidade, que actualmente son más de 4.500.
Nesta II asemblea de Amnistía Internacional Galicia analizarase o informe de activismo do 2018, rendirán contas os equipos autonómicos, o Comité Executivo Autonómico, tesourería… Trátase de facer balance, de ver o importante traballo realizado en defensa dos dereitos humanos e de analizar aqueles aspectos a mellorar como entidade autonómica. En Pontevedra tamén se fixarán os obxectivos para os próximos meses. A asemblea é un punto de encontro, de debate e intercambio de experiencias; unha oportunidade para coñecer en persoa a outros activistas que se sumaron á difícil tarefa de loitar polos dereitos humanos. Por iso, se es socio/a de AIG animámoste a participar!
A II Asemblea autonómica de Amnistía Internacional Galicia inclúe as votacións para elixir o Comité Executivo Autonómico (CEA) e a Comisión autonómica de arbitraxe (CAE), así como someter a debate (e aprobación se procede) o Plan Operativo e orzamento de AIG para o 2019.
Para asistir debes inscribirte. Podes facelo on line pinchando aquí. Poden asistir á asamblea, con voz e voto, tódolas socias e socios cunha antigüedade mínima de tres meses e con enderezo na nosa comunidade. En caso de ter unha antigüedade de menos de tres meses tamén é posible acudir (con voz pero sen voto), circunstancia idéntica a colaboradores e activisistas que non sexan socios. En tódolos casos é necesario inscribirse.