Galicia
Galicia
0

TORTURA EN IRÁN AO DEFENSOR DOS DEREITOS HUMANOS ARASH SADEGHI

Arash Sadeghi é un defensor dous dereitos humanos e preso de conciencia gravemente enfermo ao que as autoridades néganlle intencionadamente o acceso ao tratamento para o cancro que padece, o cal supón unha forma extrema de tortura.

En agosto de 2018, Arash Sadeghi  —condeado a 19 años de prisión en 2016 únicamente polo seu traballo pacífico en favor dos dereitos humanos— foi diagnosticado dun tumor óseo canceroso. A pesares da enfermidade, as autoridades da prisión de  Raja’i Shahr, en Karaj (ao noroeste de Tehrán), non lle permiten acceder a atención médica de ningún tipo, poñendo a súa vida en serio perigo.

Pese a que finalmente no mes de setembro do ano pasado as autoridades permitiron a Arash someterse a unha das  operacións necesarias para tratar a súa enfermidade. non obstante, as condicións baixo as cales levouse a cabo o traslado ao hospital e toda a burocracia interna para poder mover ao enfermo dende o cárcere ao hospital fixeron que a intervención se retrasase 3 días e que, nada máis rematar, fora directamente enviado a prisión sen respectar a votande médica de deixalo en revisión unha hora para poder levar a cabo os pertinentes controles médicos. Como consecuencia, Arash sufriu unha grave infección na ferida quirúrxica que requería unha posible ciruxía adicional, a cal foi rexeitada polas autoridades iraníes.

Dende AI seguiremos loitando para que as autoridades iraníes poñan en liberdade de forma inmediata e se condicións a Arash Sadeghi. Mentres, deben respectar e protexer a súa vida e cesar na tortura á que o teñen sometido.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *