Galicia
Galicia
0
Exposición dereitos humanos

Exposición en Pontevedra sobre a Declaración Universal de Dereitos Humanos

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra acolle unha exposición sobre a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

O 10 de decembro celébrase o Día dos Dereitos Humanos. O Grupo de Acción de Amnistía Internacional de Pontevedra adiantouse á data coa inauguración dunha exposición na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Nela faise un percorrido polos artigos recollidos nesa declaración coa finalidade de dálos a coñecer entre a comunidade universitaria e lembrar como se están incumprindo día a día.

 

A exposición poderá visitarse en dous espazos diferentes. Entre o 10 e 25 de novembro permanecerá na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e do 25 de novembro ao 10 de decembro na Facultade de Belas Artes.

Na montaxe e difusión da exposición colaboraron Ana, María e Javier, estudantes de Relacións Públicas da Universidade de Vigo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *