Galicia
Galicia
13
Alfredo Okenve

Alfredo Okenve, defensor dos DDHH en Guinea Ecuatorial, estará esta semana en Galicia

Alfredo Okenve Ndoho, destacado activista e defensor dos dereitos humanos en Guinea Ecuatorial, estará en Pontevedra, Barbanza, Santiago de Compostela, Ourense e A Coruña ao longo desta semana, nunha xira organizada polo Equipo de Educación de Amnistía Internacional Galicia.

Alfredo Okenve Ndoho, destacado activista e defensor dos dereitos humanos en Guinea Ecuatorial, estará en diversas localidades da xeografía galega ao longo desta semana, nunha xira organizada polo Equipo de Educación de Amnistía Internacional Galicia.

Alfredo Okenve, profesor de física e matemáticas, é cofundador do Centro de Estudos e Iniciativas para o Desenvolvemento (CEID), tendo traballado durante máis de vinte anos no ámbito do desenvolvemento comunitario e da promoción, defensa e protección dos dereitos humanos en Guinea Ecuatorial.

O pasado 15 de marzo, Okenve foi detido tras térselle impedido acudir na capital, Malabo, á entrega do Premio Franco-Alemán de Dereitos Humanos e Estado de Dereito, no cal o activista era unha das quince persoas recoñecidas. Okenve foi esposado e enviado forzosamente de volta á súa cidade, Bata, nun avión militar, téndolle sido confiscado o pasaporte e o teléfono. Polo menos tres individuos sen identificar foron vistos vixiando nos arredores do seu domicilio. No mes de xullo, o CEID foi disolto polas autoridades guineanas baixo a acusación de ter realizado “actividades políticas”.

O caso de Alfredo Okenve é ilustrativo da represión exercida contra as persoas que defenden os dereitos humanos en Guinea Ecuatorial, onde en 2019 se completan 40 anos da chegada ao poder de Teodoro Obiang. Destacados activistas teñen sido obxecto de acoso, malos tratos ou detención arbitraria.

O Equipo de Educación de Amnistía Internacional Galicia, a través do programa Rede de Escolas polos Dereitos Humanos, organiza, entre os días 16 e 20 de decembro, diversas actividades en centros educativos dirixidas a alumnado entre 15 e 17 anos, así como charlas-coloquio abertas ao público en diferentes localidades. Así, Alfredo Okenve acudirá ao IES Sánchez Cantón (Pontevedra), IES Laxeiro (Lalín), IES Porto do Son e IES Monte das Moas (A Coruña). Ademais, Okenve intervirá nas seguintes charlas-coloquio abertas ao público:

-Luns, 16 de decembro, ás 20h, na Casa Azul (Rúa Sor Lucía, 4), en Pontevedra.

-Martes, 17 de decembro, ás 20h, no Auditorio Valle-Inclán, na Pobra do Caramiñal.

-Mércores, 18 de decembro, ás 19:30h na sede de Amnistía Internacional Galicia (Rúa das Galeras, 17, 2º, porta 7), en Santiago de Compostela.

-Xoves, 19 de decembro, ás 19h, na Aula 10 da Factultade de Educación do Campus As Lagoas, en Ourense.

-Venres, 20 de decembro, ás 20h, no local de Amnistía Internacional A Coruña (Rúa Rafael Alberti, 5, 1º C), na Coruña.

13 comentarios en “Alfredo Okenve, defensor dos DDHH en Guinea Ecuatorial, estará esta semana en Galicia

  1. I believe what you posted was very logical. However, consider this, what if
    you typed a catchier title? I mean, I don’t wish to tell you how to run your blog, however suppose you added a title that makes people
    desire more? I mean Alfredo Okenve, defensor dos DDHH en Guinea Ecuatorial,
    estará esta semana en Galicia – Galicia is kinda boring.
    You ought to glance at Yahoo’s front page and see how
    they create news headlines to grab viewers interested. You might
    add a related video or a related picture or two to grab people excited about everything’ve written.
    In my opinion, it would make your posts a little bit more interesting.

  2. Pingback: URL
  3. There is no way I see a great content that I will not know, this is amazing. How did you guys put this up? I had to take my time to read this.
    Nowadays people just write shabbily without taking your time but your is quite different from the rest. Anywhere I hope I am free to share this.

  4. Oh my goodness! Incredible article dude! Thanks, However I am experiencing troubles with your RSS. I don’t know why I am unable to subscribe to it. Is there anyone else having identical RSS problems? Anybody who knows the solution will you kindly respond? Thanks!!

  5. çiçek gönder hakkında detaylı bilgi, özel günlerde sevdiklerinizi mutlu etmek için en uygun fiyatlarla çiçek sipariş verebileceğiniz, hızlı teslimat sağlayan websitesi adresimizi ziyaret ediniz.

  6. yapay çiçek hakkında detaylı bilgi, özel günlerde sevdiklerinizi mutlu etmek için en uygun fiyatlarla çiçek sipariş verebileceğiniz, hızlı teslimat sağlayan websitesi adresimizi ziyaret ediniz.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *