Galicia
Galicia

Concurso de microrrelatos de Amnistía Internacional Galicia 2022

A Rede de Escolas de Amnistía Internacional Galicia convoca a edición 2021-22 do Concurso Xuvenil de Microrrelatos e Haikus sobre a necesidade dunha sanidade universal e próxima. Poderán participar todas as persoas de entre 12 e 21 anos matriculadas en centros de Educación Secundaria do Barbanza e as provincias de A Coruña e Pontevedra.

Está xurdindo unha nova sensibilidade cara ao dereito á saúde, que adoece de problemas vellos. Os milleiros de persoas que non son atendidas nos centros de saúde galegos por non teren tarxeta sanitaria, os aplausos ao persoal sanitario ou as discusións sobre a gratuidade das vacinas son caras novas de carencias antigas como o desmantelamento da atención primaria e a sanidade pública, a feminización dos coidados e a falsa globalización que universaliza os negocios e privatiza a saúde. Cóntanos como ves esta sanidade, que está tan preto e que está tan lonxe!

Os textos teñen que ser inéditos e poden escribirse en galego ou castelán. A extensión máxima dos microrrelatos é de 250 palabras e os haikus deberán respectar as normas de métrica e estilo.

Comarca do Barbanza

Será a quinta edición do concurso.

Categorías:

  • 1º e 2º ESO (Microrrelato).
  • 3º e 4º ESO (Microrrelato).

O prazo para entregar os traballos comeza o 1 e remata o 19 de marzo de 2022, ambos os días inclusive.

Os relatos enviaranse  ao correo electrónico do Grupo do Barbanza: barbanza@es.amnesty.org

Provincia da Coruña

Trátase da sexta edición do concurso

Categorías:

  • Autoras ou autores entre 12 e 13 anos (Haiku).
  • Autoras ou autores entre 14 e 16 anos (Microrrelato).
  • Autoras ou autores entre 17 e 21 anos (Microrrelato).

O prazo para entregar os traballos comeza o 24 de xaneiro e remata o 28 de febreiro de 2022, ambos os días inclusive.

Os relatos enviaranse  ao correo electrónico do Grupo da Coruña: acoruna@es.amnesty.org

Provincia de Pontevedra

É a 7ª edición do concurso.

Categorías:

  • Autoras ou autores entre 12 e 13 anos (Haiku).
  • Autoras ou autores entre 14 e 16 anos (Microrrelato).
  • Autoras ou autores entre 17 e 21 anos (Microrrelato).

O prazo para entregar os traballos comeza o 18 de febreiro e remata o 17 de marzo de 2021, ambos os días inclusive.

Os textos deben remitirse ao grupo de Amnistía Internacional de Vigo a través deste formulario. Nestas ligazóns podes consultar as bases e os detalles da convocatoria en Facebook e Instagram.