Amnistía Internacional Vigo organiza o venres, 7 de febreiro, unha performance na rúa para esixir o peche de Guantánamo. Nel permanecen encerrados 40 homes, todos eles musulmáns.
Leer más...Amnistía Internacional Vigo organiza o venres, 7 de febreiro, unha performance na rúa para esixir o peche de Guantánamo. Nel permanecen encerrados 40 homes, todos eles musulmáns.
Leer más...A Rede de Escolas de Amnistía Internacional e o Grupo de Acción do Barbanza convocan o III Concurso Xuvenil de Microrrelatos baixo o lema “Eu véxote”, sobre a visibilización da loita feminista que está a medrar nos últimos tempos.
Leer más...A Rede de Escolas de Amnistía Internacional Coruña convoca o IV Concurso de Microrrelatos e Haikus Xuvenil baixo o lema “Agora véxote”, sobre o impulso na visibilidade da loita feminista que está a ter lugar nos últimos tempos.
Leer más...O pasado 11 de xaneiro cumpríronse 18 anos da apertura do centro de detención de Estados Unidos na súa base naval militar na bahía de Guantánamo, en Cuba, onde aínda continúan encerrados 40 homes, todos eles musulmáns. A maioría atópanse recluídos sen cargos, mentras que outros foron sometidos a xuízos sen garantías por comisións militares, nalgúns casos con posibilidade de seren condeados a morte.
Leer más...A Rede de Escolas de Amnistía Internacional Vigo convoca o VI Concurso Xuvenil de Microrrelatos e Haikus sobre a visibilización da loita feminista. Poderán participar todas as persoas de entre 12 e 21 anos matriculadas nun centro de Educación Secundaria da zona sur da provincia de Pontevedra.
Leer más...Nunha época en que a desigualdade, a inxustiza e o discurso de odio parecen predominar máis ca nunca en todo o planeta, non sería reprochable pensar que 2019 ten sido un mal ano para os dereitos humanos. Non obstante, tamén houbo algúns logros importantes. Activistas de todo o mundo mobilizáronse para dar un paso adiante e loitar en favor dos dereitos humanos, e grazas ao seu infatigable traballo de campaña conseguimos avances sorprendentes. Resumímosche o ano nalgúns avances que dan esperanza.
Leer más...Alfredo Okenve Ndoho, destacado activista e defensor dos dereitos humanos en Guinea Ecuatorial, estará en Pontevedra, Barbanza, Santiago de Compostela, Ourense e A Coruña ao longo desta semana, nunha xira organizada polo Equipo de Educación de Amnistía Internacional Galicia.
Leer más...Os Grupos Locais e de Acción de Amnistía Internacional en Galicia están a preparar multitude de actividades co fin de conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos que, como cada ano, celébrase o 10 de decembro.
Leer más...Marinel Sumook Ubaldo é unha moza activista polo clima en Filipinas e sobrevivente a un tifón que a apartou da súa familia.
Leer más...En España o trauma dunha violación non remata tra-la agresión. A partires dese momento comeza un camiño marcado polas violencias institucionais, os prexuizos e estereotipos sociais e demais violencias patriarcais
Leer más...